Decreto 266/2004, do 11 de novembro, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de conxunto histórico, a vila de Ribadeo na provincia de Lugo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO
Rango de LeyDecreto

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural por Resolución do 31 de marzo do 2004 (Diario Oficial de Galicia do 23 de abril) incoou expediente para a declaración de ben de interese cultural a favor da vila de Ribadeo.

A tramitación do expediente levouse a cabo segundo o establecido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de novembro do dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar ben de interese cultural, coa categoría de conxunto histórico, a vila de Ribadeo, provincia de Lugo.

Artigo 2º

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación escrita contida no anexo I e no plano recollido no anexo II.

Artigo 3º

O presente decreto seralle notificado ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ao Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ao concello de Ribadeo e aos demais interesados no expediente.

Artigo 4º

O presente decreto será publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de novembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO I

A delimitación do conxunto histórico da vila de Ribadeo (Lugo) queda definida do seguinte xeito:

Comeza a delimitación no punto 1 situado na estrada do Faro, á altura do edificio nº 5, para en liña quebrada saír á avenida de Calvo Sotelo englobando os edificios nº 1, 3 e 5 da estrada do faro e os nº 47 e 49 da avenida Calvo Sotelo.

Discorre polo eixe desta avenida ata o punto 2, situado tras o Teatro, onde xira en dirección oeste polas traseiras dos edificios nº 2, 4 e 6 da rúa San Roque, incluíndo a praciña de San Roque e o portalón antigo con fronte a esta praciña, e continúa pola rúa Lazurtegui ata o punto 3, pasada a parcela nº 3 desta rúa, onde vira en dirección sur polo lindeiro desta parcela uns 30 metros.

Desde aquí, avanza en dirección oeste coincidindo cos lindeiros traseiros das parcelas da rúa San Roque ata o punto 4 no encontro...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR