Decreto 427/2003, do 27 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Alfoz, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de acceso ó Instituto de Educación Secundaria de Alfoz-O Valadouro.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Concello de Alfoz, en sesión do día dezaseis de xaneiro de dous mil tres, aprobou o proxecto de acceso ó Instituto de Educación Secundaria de Alfoz-O Valadouro e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Alfoz foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro

xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local de día vinteún de outubro de dous mil tres.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinteoito de outubro de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o Concello, o acceso ó Instituto de Educación Secundaria se realiza directamente desde a estrada comarcal Mondoñedo-Ferreira, de

tráfico moi intenso, e o espacio existente entre o instituto e a citada estrada non permite a realización de manobras de vehículos en axeitadas condicións de seguridade, polo que é necesario dotar dunha vía de acceso que permita a chegada dos autobuses do transporte escolar ó propio recinto do centro educativo, evitando así o potencial risco que, para os alumnos supón a parada actual, de espacio moi limitado.

A...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR