ORDE do 4 de xuño de 2012 pola que se modifica o artigo 4 da Orde do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyOrde

O Real decreto lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo establece no artigo 3 que a parte lectiva da xornada semanal do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros públicos e privados sostidos con fondos públicos será, como mínimo, de 25 horas en educación infantil e primaria e de 20 horas nas restantes ensinanzas, sen prexuízo das situacións de redución de xornada recollidas na normativa vixente.

O artigo 3 da Orde do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en relación coa xornada semanal do persoal funcionario e persoal laboral que imparte as ensinanzas de educación infantil e primaria e educación especial establece que da totalidade das 25 horas terá carácter lectivo, polo que permanece a vixencia deste artigo da orde.

O artigo 4 si é necesario modificalo para adecuar o horario do persoal funcionario e persoal laboral que imparte as ensinanzas de educación secundaria, ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas ao previsto no Real decreto lei 14/2012. Establécense 20 horas lectivas semanais e mantéñense as 23 de presenza fixa no centro. As tres horas de presenza fixa no centro que non teñen carácter lectivo dedicaranse dúas a gardas e outra a titoría de pais e alumnos. As reunións de departamento faranse polo menos unha vez ao mes e encádranse dentro de horario de cómputo mensual.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único Nova redacción do artigo 4 da Orde do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O artigo 4 da Orde do 23 de xuño de 2011 queda redactado do seguinte xeito:

1. A xornada semanal do persoal funcionario e laboral docente que imparte as...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR