Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se establece a denominación da biblioteca pública de Santiago de Compostela.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE
Rango de LeyOrde

As bibliotecas públicas, institucións esenciais na vida comunitaria dos barrios, vilas e concellos, representan unha das máis vitais e ricas alternativas de cultura e ocio que unha institución lle pode ofrecer á sociedade a que serve. Unha biblioteca nace do amor dunha comunidade pola cultura, expresado na demanda de oportunidades e libre acceso a esta, así como no compromiso dos xestores públicos de crear espazos e servizos de lectura, coñecemento e comunicación.

Xa que logo, a biblioteca pública debe afirmarse na comunidade da que agroma, procurando a maior identificación posible coa tradición, historia e valores que a definen e que lle dan o ser.

Parece, pois, un acto coherente e de xustiza, asociar un centro como a biblioteca pública de Santiago de Compostela a un nome tan ligado á cultura galega, á cidade compostelá e ao libro como Ánxel Casal Gosenxe, editor, difusor da cultura galega e da súa vinculación coas outras do seu contorno, alcalde da cidade nos días do levantamento militar que deu lugar á Guerra Civil. El representa para todos nós a figura honesta, íntegra e xenerosa, atenta ás inquedanzas da comunidade a que serve, amante das súas creacións, entregado á misión de difundir a cultura galega, relacionándoa coas outras do mundo.

Emigrante cando novo, no regreso afírmase como promotor e activista das Irmandades da Fala, do Conservatorio de Arte Galega da Asociación de Escritores de Galicia ou das primeiras escolas de ensino en galego. Casado con María Miramontes, apoio permanente no seu traballo de editor e difusor da cultura, asóciase con Carré Alvarellos no proxecto da editorial Lar, participa en diversas iniciativas culturais e bibliográficas, funda a editorial Nós, na cal publicarán as súas obras os máis importantes escritores galegos da época e que editará as revistas Nós e A Nosa Terra. Elixido...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR