Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 82/2009, do 21 de abril, establece os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, fixando os órganos superiores que dependerán da Presidencia, tendo en conta os criterios de eficacia e eficiencia que deben inspirar a actuación e organización administrativa, e as áreas de competencias que, pola súa importancia e natureza, procede que queden adscritas funcionalmente á Presidencia.

Procede desenvolver esta estrutura orgánica superior ata o nivel de xefatura de servizo nun texto único que regule conxuntamente e de forma unitaria a estrutura orgánica e correspondentes funcións dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta, tendo como premisas os criterios de máxima eficacia, austeridade e economía na organización administrativa.

A nova estrutura da Presidencia da Xunta de Galicia recolle os principios aludidos que, neste ámbito, se traducen nunha maior racionalidade e eficacia no desenvolvemento competencial e de xestión das funcións que ten atribuídas.

Por outro lado, este decreto recolle unha modificación do Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia para adaptalo á nova regulación organizativa da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, coa mesma finalidade, recolle unha modificación do Decreto 312/1999, do 11 de novembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de muller.

De conformidade co exposto, en uso das atribucións conferidas polo artigo 34.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificado pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo da Consellería de Facenda, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de xuño de dous mil nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º Estrutura.
  1. Dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza os seguintes órganos superiores:

    1. Secretaría Xeral da Presidencia. Ao dito órgano adscríbese a Dirección Xeral do Gabinete de Presidencia.

    2. Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral.

    3. Secretaría Xeral de Medios. Ao dito órgano adscríbese a Dirección Xeral de Comunicación e a Compañía de Radiotelevisión de Galicia.

    4. Secretaría Xeral da Igualdade.

    5. Secretaría Xeral da Emigración.

    6. Secretaría Xeral para o Deporte.

    7. Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

  2. A Asesoría Xurídica Xeral rexerase en canto á súa estrutura e funcionamento polo Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

  3. Adscríbese á Secretaría Xeral da Igualdade o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Presidencia da Xunta de Galicia, e rexerase en canto aos seus obxectivos, funcións, estrutura e funcionamento polo previsto na Lei galega 3/1991, do 14 de xaneiro, da súa creación, e polo Decreto 312/1999, do 11 de novembro, modificado polo Decreto 249/2002, do 18 de xullo, polo que se refunde a normativa existente en materia de muller e demais normas que a desenvolvan.

Artigo 2º Secretaría Xeral da Presidencia.
  1. A Secretaría Xeral da Presidencia configúrase como órgano superior da Administración autonómica en materia de apoio e asesoramento técnico á Presidencia da Xunta de Galicia, correspondéndolle a realización das seguintes funcións:

    1. Prestar asistencia técnica, apoio e asesoramento á persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia en todo o que a requira.

    2. As funcións ordinarias de despacho que lle son propias, actuando nos asuntos xerais como órgano de comunicación coas consellerías, entidades e organismos que teñan relación coa Presidencia, así como as que lle sexan delegadas pola persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia.

    3. Exercer a coordinación dos órganos adscritos á Secretaría Xeral da Presidencia, sinalados no artigo único, letra a) punto 1 do Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos da Presidencia da Xunta de Galicia.

    4. A coordinación das actividades do Departamento de Protocolo e Relacións Públicas da Presidencia da Xunta e da Casa de Galicia en Madrid.

    5. A elaboración de estudos e informes para a Presidencia da Xunta.

    6. A coordinación dos asuntos administrativos xerais da Presidencia da Xunta que así o precisen.

    7. A coordinación da elaboración dos orzamentos da Presidencia da Xunta.

    8. O control da xestión do persoal da Presidencia da Xunta nos termos establecidos neste decreto.

    9. A elevación e defensa dos asuntos da Presidencia da Xunta na Comisión de Secretarios e Secretarias e o apoio á persoa titular da Presidencia no sometemento de aqueles ao Consello da Xunta.

    10. Xestión da documentación da Presidencia.

    11. As funcións de réxime interior e asuntos xerais da Secretaría Xeral da Presidencia.

    12. As funcións recollidas nas disposicións adicionais deste decreto.

  2. A Secretaría Xeral da Presidencia poderá reclamar das consellerías, e do resto dos órganos superiores da Xunta de Galicia, cantos informes, datos e documentos considere precisos para o exercicio das funcións que ten encomendadas.

  3. Para o cumprimento das súas funcións, a Secretaría Xeral da Presidencia estrutúrase nas seguintes unidades:

    3.1 Vicesecretaría Xeral, a que lle corresponden as seguintes funcións:

    1. Prestar asistencia técnica e administrativa á persoa titular da Secretaría Xeral.

    2. O asesoramento e a realización de estudos e informes de carácter técnico-xurídico que lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría.

    3. A elaboración, por requirimento da persoa titular da Secretaría, de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos a estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión dos diferentes procedementos administrativos.

    4. A coordinación da elaboración do anteproxecto de gastos da Presidencia da Xunta de Galicia, a elaboración do anteproxecto de orzamentos de gastos da Secretaría Xeral da Presidencia, así como o seguimento e control da súa execución.

    5. A xestión económica e habilitación de pagamentos relativos ao capítulo I respecto a todo o persoal adscrito á Presidencia da Xunta de Galicia.

    6. Programar as necesidades de persoal, en colaboración coas distintas secretarías xerais da Presidencia, a coordinación e elaboración da relación de postos de traballo, e a xestión do persoal adscrito á Presidencia da Xunta de Galicia.

    7. A organización, coordinación e supervisión da xestión administrativa do patrimonio adscrito á Presidencia da Xunta de Galicia, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros órganos.

    8. O réxime interior, a asistencia técnica, a coordinación administrativa e outras funcións de contido administrativo que lle atribúa a persoa titular da Secretaría.

    9. O estudo, preparación e informe dos asuntos que deban someterse ao Consello da Xunta de Galicia ou as comisións delegadas, así como as disposicións que se deban publicar no Diario Oficial de Galicia ou en calquera outro diario oficial.

    10. A coordinación para a súa remisión e correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia, das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos superiores da Presidencia.

    11. A asistencia á persoa titular da Secretaría da Presidencia para o estudo e preparación das reunións da Comisión de Secretarios Xerais.

    12. A tramitación das publicacións dos órganos superiores da Presidencia ante a Comisión Permanente de Publicacións da Xunta de Galicia e Consello Galego de Publicacións.

    13. A suplencia do/a secretario/a xeral da Presidencia nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade en todas as materias de índole administrativa e orzamentaria que sexan competencia deste.

    14. As demais funcións que lle encomende a persoa titular da Secretaría.

      Para o exercicio das súas funcións, contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servizo:

      3.1.1. Servizo de Persoal e Asesoramento.

      Son funcións deste servizo:

    15. A xestión e coordinación do persoal da Presidencia.

    16. A tramitación dos expedientes administrativos relativos ao persoal da Presidencia e habilitación de pagamentos relativos ao capítulo I.

    17. Elaborar a proposta de relacións de postos de traballo das secretarías xerais da Presidencia, en colaboración con estas.

    18. O control de asistencia e puntualidade do persoal da Secretaría Xeral da Presidencia.

    19. Asesoramento en materia de estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión.

    20. Aqueloutras funcións que no seu ámbito lle sexan asignadas.

      3.1.2. Servizo de Apoio Técnico.

      Son funcións deste servizo:

    21. O estudo e tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os órganos superiores da Presidencia.

    22. A preparación dos expedientes dos órganos superiores da Presidencia que deban ser obxecto de estudo na Comisión de Secretarios e Secretarias Xerais.

    23. A remisión ao Diario Oficial de Galicia e demais diarios ou boletíns oficiais das disposicións ou actos da Secretaría Xeral da Presidencia e a coordinación para a remisión das disposicións ao Diario Oficial de Galicia das disposicións e actos dos órganos superiores da Presidencia.

    24. O asesoramento e realización de estudos e informes de carácter técnico-xurídico nas materias que lle sexan encomendadas.

    25. Aqueloutras funcións que no seu ámbito lle sexan asignadas.

      3.1.3. Servizo de planificación, análise e xestión económica.

      Son funcións deste servizo:

    26. A elaboración do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR