Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyDecreto

Preámbulo.

Coa aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei 3/2003, do 19 de xuño, a Comunidade Autónoma de Galicia asume a responsabilidade de cooperar con outros países para propiciar o seu desenvolvemento integral, contribuír á mellora das condicións de vida dos seus habitantes, aliviar e corrixir as situacións de pobreza e propiciar un desenvolvemento humano solidario e estable, que inclúa maiores cotas de liberdade e un reparto máis xusto dos froitos do crecemento económico.

A lei regula as accións con que a Comunidade Autónoma de Galicia fai efectiva aquela responsabilidade e aplícase ao conxunto das actuacións, iniciativas e recursos que as diferentes organizacións, entidades e administracións públicas galegas poñen ao servizo dos pobos máis desfavorecidos co fin de contribuír ao seu desenvolvemento humano, definido este como unha medición de tres indicadores: vivir unha vida longa e saudable, recibir educación e gozar dun nivel de vida decoroso, de acordo cos obxectivos, principios, criterios, prioridades xeográficas e sectoriais que se enuncian no capítulo I da lei.

O punto 2 da disposición final segunda da lei dispón que o seu desenvolvemento regulamentario se efectuará no prazo dun ano desde a súa entrada en vigor.

A xestión ordinaria das accións da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na materia exixe contar canto antes coa participación inmediata, para os efectos de consulta e asesoramento, dos axentes de cooperación previstos no artigo 23 da lei, así como co concurso das entidades locais e dos outros departamentos para a mellor coordinación daquelas. Tamén resulta ineludible crear o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento onde figuren os datos precisos para implementar de forma áxil as medidas de fomento previstas na lei, tendo en consideración que a orde en vigor desde 1994 ten como finalidade rexistrar as entón chamadas organizacións non gobernamentais de axuda ao desenvolvemento e que a Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, amplía o abano de axentes de cooperación.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, de acordo co ditame do Consello Consultivo

de Galicia e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único Obxecto.

Apróbase o regulamento polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego para os Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, que se publica como anexo a este decreto.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os órganos de coordinación e asesoramento constituiranse no prazo máximo de dous meses contados a partir da entrada en vigor deste regulamento.

Segunda.-Para os efectos operativos e de coordinación entre os rexistros de entidades que actúan nas áreas relacionadas coa política de cooperación para o desenvolvemento, no prazo de tres meses desde a publicación desta disposición, procederase á súa conexión informática a través do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA).

Terceira.-As unidades administrativas da Xunta de Galicia responsables daqueles rexistros facilitarán a documentación precisa e procederán a realizar a adaptación informática necesaria para garantir a coordinación interrexistral.

Cuarta.-As entidades actualmente inscritas no Rexistro de Organizacións non Gobernamentais de Axuda ao Desenvolvemento que acorden a súa extinción e destinar o seu patrimonio a unha fundación ou asociación que teña entre os seus fins a cooperación para o desenvolvemento, causarán baixa naquel rexistro. A entidade que adquira os bens e dereitos da que se extinga, caso de incluír nos seus estatutos o compromiso de asumir as obrigas derivadas da concesión a aquela de axudas ou subvencións públicas da comunidade autónoma durante os catro últimos exercicios, conservará a antigüidade daquela para os efectos da concorrencia ás convocatorias de subvencións en materia de cooperación para o desenvolvemento.

Disposicións transitorias

Primeira.-Os procedementos administrativos que se encontren en tramitación á entrada en vigor deste decreto deberán seguir cursándose de acordo coas súas disposicións específicas anteriores.

Segunda.-Os vogais nomeados en representación das entidades locais na comisión interterritorial de cooperación para o desenvolvemento (Cintercode) continuarán nos seus cargos ata a celebración das vindeiras eleccións municipais.

Terceira.-As entidades actualmente inscritas no Rexistro Galego de Organizacións non Gobernamentais de Axuda ao Desenvolvemento quedarán inscritas no Rexistro de Axentes de Cooperación, de oficio, tras achegar a documentación que se lles requira para o efecto de complementar a exixida por este decreto

ou actualizar a que existe no centro directivo encargado da conservación daquel rexistro, no prazo de tres meses a partir da entrada en vigor deste decreto.

Cuarta.-Entre tanto o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento non aprobe o seu regulamento de funcionamento, este rexerase polas normas contidas no capítulo II do título II da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro competente en materia de cooperación para o desenvolvemento para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto.
  1. Constitúe o obxecto deste regulamento o desenvolvemento regulamentario da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, no atinente á regulación da composición e funcionamento dos órganos de coordinación e asesoramento previstos na sección terceira do capítulo III daquela e á creación do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

  2. Os órganos regulados son a Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento (Cintercode), a Comisión Interdepartamental de Cooperación para o Desenvolvemento (Cincode) e o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).

Capítulo II

Dos órganos de coordinación e asesoramento

Sección primeira

Da Comisión Interterritorial de Cooperación para

o Desenvolvemento (Cintercode)

Artigo 1º Natureza e adscrición.
  1. De acordo co artigo 20 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, a Comisión Interterritorial de Cooperación para o desenvolvemento é o órgano de colaboración entre a Xunta

    de Galicia e as administracións locais da Comunidade Autónoma de Galicia que inclúan nos seus orzamentos partidas computables como axuda de cooperación para o desenvolvemento.

  2. A comisión adscríbese ao departamento da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de cooperación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR