Resolución do 26 de outubro de 2006 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorAXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA
Rango de LeyResolución

O Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a

méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, establece no seu articulado a necesidade da aprobación dun protocolo de avaliación por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), como órgano encargado de realizar a valoración previa da actividade docente e investigadora, necesaria para a asignación das retribucións adicionais reguladas polo mencionado decreto.

Coa aprobación da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 16 de outubro de 2006 (DOG do 26 de outubro) pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión

Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración e aos procedementos para solicitar a valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, complétase o sistema para avaliar ou informar as actividades docentes e investigadoras, previas á asignación das retribucións adicionais vinculadas ao recoñecemento do labor docente e investigador dos profesores pertencentes ao Sistema Universitario de Galicia.

De acordo co establecido no artigo 5.2º da devandita orde, por acordo da CGIACA do 24 de outubro de 2006, establecéronse os méritos que poderán ser obxecto de valoración adicional, e que se incorporan a esta resolución como anexos I e II.

De conformidade co establecido na Orde do 16 de outubro de 2006, o Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia convocará, mediante resolución, a apertura do prazo para a presentación de solicitudes para a asignación dos complementos retributivos.

Por Resolución do 21 de setembro de 2006 (DOG do 3 de outubro) publícanse os acordos do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, polos que se delegan no seu presidente a realización das convocatorias anuais de valoración previa á asignación de complementos retributivos, polo que, en virtude das citadas competencias delegadas,

RESOLVO:

Primeira.-Obxecto.

Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias, para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora establecido no artigo 2.3º do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.

Segunda.-Destinatarios.

De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior, o persoal docente e investigador das universidades públicas que compoñen o Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Terceira.-Requisitos.

De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, o artigo 6.3º da mesma

disposición, así como co disposto polo artigo 2.1º da Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración e aos procedementos para solicitar a valoración previa e asignación dos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR