Resolución do 30 de outubro de 2009 pola que se ordena a publicación do convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do Concello de Meaño.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorAXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA
Rango de LeyResolución

O día 24 de setembro de 2009 a axencia e o Concello de Meaño asinaron o convenio de adhesión dese concello á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

De conformidade co establecido no artigo 9.1º dos estatutos da axencia aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, dispoño a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2009.

Hipólito Pérez Novo

Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Convenio de adhesión á Axencia de Protección

da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela o vinte e catro de setembro de dous mil nove.

Interveñen:

Dunha parte, Jorge Domínguez Rosal, alcalde do Concello de Meaño, provincia de Pontevedra, en representación do concello, de conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

E doutra parte, Hipólito Pérez Novo, director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en representación do ente público, de conformidade co disposto no artigo 18 dos estatutos aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro,

Expoñen:

Primeiro.-A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, no seu artigo 226, establece que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística é un ente público de natureza consorcial, dotado de personalidade xurídica, patrimonio e orzamento propios e plena autonomía no cumprimento das súas funcións, para o desenvolvemento en común pola Administración autonómica e os municipios que voluntariamente se integren nela das funcións de inspección, restauración da legalidade e sanción en materia de urbanismo e o desempeño de cantas outras competencias lle asignan os seus estatutos.

Así mesmo, establece que son membros da axencia a Administración autonómica e os municipios que voluntariamente se integren nela. A incorporación dos municipios realizarase a través do correspondente convenio de adhesión, que deberá obter a previa aprobación do Pleno da Corporación e do Consello da Xunta de Galicia e será publicado no Diario Oficial de Galicia.

Os estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística foron aprobados por Decreto autonómico 213/2007, do 31 de outubro, e publicados no Diario Oficial de Galicia nº 222, do 16 de novembro.

Segundo.-O Concello de Meaño ten atribuídas competencias en materia de disciplina urbanística, en virtude do disposto no artigo 80 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e nos artigos 209 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR