Decreto 547/2005, do 20 de outubro, polo que se modifica o Decreto 306/2004, do 2 de decembro, polo que se crea o Consello Forestal de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

Por Decreto 306/2004, do 2 de decembro, creouse o Consello Forestal de Galicia como órgano consultivo e asesor da Administración forestal co obxecto de facilitar unha axeitada xestión sustentable dos montes galegos e dar cumprimento ao principio de participación pública, establecendo unha canle de colaboración cos distintos estamentos interesados da sociedade galega e da comunidade científica.

O referido decreto establece unha distribución dos membros do antedito Consello Forestal de Galicia en función da repartición competencial por consellerías vixente no momento da súa adopción, atribuíndolle a súa presidencia ao conselleiro de Medio Ambiente ao estaren incardinadas nesa consellería as competencias en materia de montes.

A estrutura orgánica da Xunta de Galicia establécese na actualidade polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, e polo Decreto 232/2005, do 11 de agosto, que fixa a estrutura orgánica dos distintos departamentos que a integran, atribuíndo as competencias en materia de montes e industrias forestais á Consellería do Medio Rural.

Esta nova repartición de competencias fai necesario realizar determinadas modificacións no Decreto 306/2004, co obxecto de adaptar a composición do Consello Forestal de Galicia á nova distribución de competencias entre consellerías.

Na súa virtude, no uso das atribucións concedidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concordante, e por proposta da Consellería do Medio Rural e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de outubro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único Modifícanse os artigos que se mencionan do Decreto 306/2004, do 2 de decembro, polo que se crea o Consello Forestal de Galicia, que quedarán redactados do xeito seguinte:
  1. Primeiro parágrafo e alíneas a), b) e c) do artigo 3, relativo á composición do Consello, permanecendo inalterable o contido das alíneas d) á s):

    O Consello Forestal de Galicia estará composto por:

    -Un presidente: o conselleiro do Medio Rural.

    -Un vicepresidente: o director xeral de Montes e Industrias Forestais.

    -Un secretario: o subdirector xeral de Recursos Forestais.

    -Os 45 vogais seguintes:

    a) Seis vogais en representación da Administración galega, con categoría polo menos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR