Resolución do 17 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Aguas de Mondariz Fuente del Val, S.A.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Aguas Mondariz Fuente del Val, S.A., con nº de código 3600051, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-10-2003, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 23-9-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2312/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de outubro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo da empresa Aguas de Mondariz Fuente del Val, S.A.

Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo é de aplicación obrigatoria á empresa Aguas de Mondariz Fuente del Val, S.A., dedicada á explotación e envasado de augas minerais naturais. Igualmente afectará ás factorías, dependencias, sucursais ou delegacións ó seu servicio incluídas na nómina da empresa.

Artigo 2º Ámbito persoal.

Estarán afectados por este convenio tódolos productores da empresa comprendidos no ámbito de aplicación deste.

Artigo 3º Vixencia e duración.

Este convenio entrará en vigor o día da súa aprobación, sen prexuízo do cal, as condicións económicas se aplicarán a partir do 1 de xaneiro de 2003 ata

o 31 de decembro de 2003. Non obstante, permanecerá en vigor ata a aprobación do convenio correspondente ó ano 2004.

Ámbalas dúas partes comprométense a inicia-la negociación dun novo convenio un mes antes de finaliza-la súa vixencia.

Artigo 4º Comisión paritaria.

En cumprimento do disposto no artigo 85, punto 2 e) do Estatuto dos traballadores do 24 de marzo de 1995, no prazo de 10 días, contados desde a aprobación, crearase unha comisión paritaria, integrada por tres representantes e dous suplentes, por cada unha das partes que subscriben o convenio.

As funcións da comisión paritaria serán:

  1. A de mediación, arbitraxe e conciliación nos conflictos individuais ou colectivos que lle sexan sometidos.

  2. A de interpretación na aplicación do pactado.

  3. As de seguimento da aplicación do conxunto dos acordos.

A comisión paritaria reunirase cando fora convocada por calquera das partes asinantes do convenio, mediante comunicación escrita na que se expresarán os puntos que se van tratar, dentro dos sete días seguintes á recepción da convocatoria.

Se cumprido o prazo sinalado a comisión non se reunira, entenderase esgotada a súa intervención e o interesado poderá exerce-las accións que considere pertinentes.

A comisión entenderase validamente constituída cando asista a maioría simple de cada representación, levantándose acta de cada reunión, que será asinada por ámbalas dúas partes.

As partes asinantes do convenio obríganse a lle someter á comisión paritaria as cuestións de interese xeral que xurdan, con carácter previo a calquera medida de presión ou vía xudicial administrativa, sen prexuízo do exercicio posterior dos dereitos individuais ou colectivos, cando non houbese acordo.

Sempre se actuará ou negociará sobre o principio de boa fe.

Artigo 5º Condicións de compensación de melloras.

As condicións deste convenio establécense con carácter de mínimas. Tódalas melloras que se implantan por normas legais, serán absorbibles ata onde alcancen as deste convenio de forma individualizada e en cómputo anual.

Artigo 6º Categorías.

Durante a vixencia deste convenio a clasificación do persoal de Aguas de Mondariz será a que figura no anexo I, non obstante, respectaranse aquelas categorías establecidas con anterioridade e que figuran no anexo III.

Para o cambio de categoría, créase unha comisión cualificadora, integrada polos membros da comisión paritaria.

Artigo 7º Período de proba.

O período de proba que se fixa a todo o persoal de novo ingreso e admisión na empresa, será da seguinte duración:

Persoal técnico con título superior: 6 meses.

Persoal técnico con título medio: 6 meses.

Persoal administrativo, mercantil, subalterno e obreiro cualificado: 3 meses.

Persoal non cualificado: 15 días.

Artigo 8º Ascensos dos auxiliares administrativos.

Os auxiliares administrativos que alcancen seis anos de permanencia nesta categoría, ascenderán automaticamente a oficial de 2ª, estando obrigados a realizar indistintamente calquera dos traballos correspondentes a unha e outra categoría profesional.

Retribucións

Artigo 9º Aumento salarial.
  1. Os soldos e xornadas e complemento de antigüidade vixentes quedan substituídos pola táboa de soldos base e complementos antigüidade nos anexos II e III deste convenio.

    O incremento salarial sobre tódolos conceptos económicos, excepto os de importe único, serán porcentuais segundo a seguinte táboa:

    Salarios de máis de 4.000.000 de pesetas (24.040,48 euros) ó ano: 2,25%.

    Salarios de entre 2,5 e 4 millóns de pesetas (15.025,30 e 24.040,48 euros) ó ano: 2,75%.

    Salarios ata 2,5 millóns de pesetas (15.025,30 euros) ó ano: 4%.

    Naqueles conceptos onde está establecido un importe único como horas extraordinarias, paga de beneficios e complemento de asistencia, aplicaráselle unha subida do 4%.

  2. Horas extraordinarias.

    Establécense dous tipos de horas extraordinarias para o persoal:

    1. Hora extraordinaria normal.

      É a que se realiza fóra da quenda normal de traballo sempre que se produza entre as 7.00 horas e as 23.00 horas, desde as 7.00 horas do luns ata as 23.00 horas do venres. Tamén se incluirá neste tipo as horas que faga extrusión en calquera momento, administración, control de calidade e as de clasificado e limpeza. Para calquera categoría pagarase a 8,183 euros/hora.

    2. Hora extraordinaria especial.

      É a que se realiza en sábados, domingos e festivos a calquera hora, ou de luns a venres entre as 23.00 horas e as 7.00 horas. Tamén se incluirá neste tipo a segunda e sucesivas horas que superen a xornada de calquera quenda da liña de enchido, realizado de luns a venres. Para calquera categoría pagarase a 11,472 euros/hora.

      Quedan excluídos deste acordo todos aqueles postos de traballo ou persoas que pola súa responsabilidade teñen acordos particulares ou que foran contratados especificamente para traballos nocturnos ou en sábados, domingos ou festivos, como pode ser: extrusión, vixilantes, etc.

Artigo 10º Gratificacións extras de xullo e Nadal.

O importe de cada gratificación será dunha mensualidade de soldo base e complemento de antigüidade, respectándose a título persoal o maior importe que tivera recoñecido o productor.

Os productores que ingresaran ou cesaran no transcurso do ano percibirán as gratificacións en proporción ó tempo traballado.

Artigo 11º Participación en beneficios.

Os traballadores percibirán unha paga de beneficios anual e de importe igual a 764,59 euros, que se fará efectiva fraccionalmente e anticipada por meses no transcurso do ano a que se refire.

Artigo 12º Antigüidade.

Queda establecido o trienio no 3% igual para todos sobre o soldo base do convenio que corresponda a cada un segundo a súa categoría profesional, de acordo coas táboas anexas II e III deste convenio.

Artigo 13º Complemento de distancia.

Todo o referente a esta materia queda supeditado á lexislación vixente sobre traslados do persoal e cambio de situación dos lugares de traballo; non obstante, a empresa negociará co comité de empresa calquera situación relacionada con este tema.

Artigo 14º Complemento de asistencia e productividade.

Permanecerá o incentivo por asistencia total e productividade adecuada para o persoal das plantas de embotellado, o cal se establece en 44,221 euros cotizables á Seguridade Social. Este complemento quedará reducido a 33,147 euros en caso de falta de asistencia ó traballo calquera dos días laborables do mes correspondente e deixará de percibirse na súa totalidade se as faltas son máis dunha, excepto, en ámbolos dous casos, que a falta de asistencia sexa, debida...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR