Resolución do 16 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Maconsi, S.L., relativo ó seu centro de traballo no polígono do Tambre en Santiago de Compostela.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Maconsi, S.L., relativo ó centro de traballo no polígono do Tambre en Santiago de Compostela, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-7-2003, complementado o 14-10-2003 e subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo delegado de persoal o día 30-6-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de outubro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Maconsi, S.L.

(Centro loxístico do polígono do Tambre)

Preámbulo:

Este convenio colectivo para o persoal ó servicio da empresa Maconsi, S.L. que presta servicios no centro de traballo denominado centro loxístico que esta posúe no polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, foi negociado dunha parte pola representación legal dos traballadores, participando o sindicato Unión Xeral de Traballadores en calidade de asesor de aqueles e, por outra, pola representación legal da empresa, conforme o establecido nos artigos 87 e 88 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Capítulo I

Ámbito e normas xerais de aplicación

Artigo 1º Ámbito funcional e persoal.

Este acordo obriga á empresa Maconsi, S.L. na súa relación cos traballadores vinculados ó mesmo en virtude da relación xurídico-laboral de natureza indefinida ou temporal, que preste servicios no centro de traballo denominado centro loxístico sito no polígono do Tambre, así como calquera outro que coa mesma denominación e obxectivo se poida poñer operativo.

Así mesmo, integrarase neste convenio o persoal que con posterioridade á publicación del, pase a depender da empresa e prestar servicios no citado centro de traballo, así como nos que nun futuro se poñan en funcionamento.

Artigo 2º Ámbito temporal.

Con independencia da data en que sexa aprobado e publicado, este convenio terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 2003, estendéndose a súa duración ata o 31 de decembro de 2004.

Artigo 3º Denuncia e revisión do convenio.

Este convenio poderá ser denunciado por calquera das partes asinantes entre 1 e 3 meses de antelación ó seu vencemento. A falla de denuncia expresa entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais. Así mesmo e no caso de que non chegara a constituírse a mesa de negociación, prorrogarase igualmente o contido do convenio. En ámbolos dous casos a prórroga afectará ó contido deste convenio, non así ós concretos salariais que experimentarán o incremento porcentual que determinen as respec

tivas leis de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o persoal sometido ó réxime estatutario da función pública.

A parte denunciante deberá acompañar proposta concreta sobre os puntos e contido que comprenda a revisión solicitada.

Artigo 4º Compensación e absorción.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que anteriormente rexeran por mellora pactada ou unilateralmente concedida pola empresa, mediante melloras de soldos ou mediante conceptos equivalentes, imperativo legal, xurisprudencias, contencioso-administrativo, convenio, pacto de calquera clase, contrato individual, usos e costumes locais, comarcais ou rexionais, ou por calquera outra causa.

Absorción. Tendo en conta a natureza do convenio, as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou algún dos conceptos retributivos, sempre que estean determinados en diñeiro, unicamente terán eficacia práctica se globalmente considerados superasen o nivel total do convenio.

Artigo 5º Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as situacións persoais que, con carácter de cómputo anual, excedan do convenio, manténdose estrictamente en calidade de garantía ad personam.

Capítulo II

Clasificación profesional, contratación, inicio

e cesamento da relación laboral, mobilidade funcional e formación

Artigo 6º Clasificación profesional.

O sistema de clasificación profesional que se complementa neste convenio estructúrase en grupos profesionais, nos cales se integrarán todas e cada unha das actuais categorías profesionais. Esta clasificación profesional farase atendendo ós criterios previstos no Estatuto dos traballadores para a existencia dos grupos profesionais, é dicir, aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da prestación.

A pertenza a un grupo profesional capacitará para o desenvolvemento das tarefas e cometidos propios dos mesmos, sen máis limitacións que as derivadas da esixencia das titulacións específicas e dos demais requisitos de carácter profesional previstos. No caso de concorrencia nun posto de traballo de tarefas básicas correspondentes a diferentes grupos, a clasificación farase en función das actividades propias do grupo profesional superior. Iso non suporá a exclusión nos postos de traballo de cada grupo, a realización de tarefas complementarias que sexan básicas para postos clasificados en grupos profesionais inferiores.

Establécense os seguintes grupos profesionais:

  1. Grupo profesional 0.

    Inclúense neste grupo profesional os traballadores que teñen a responsabilidade directa da xestión dunha ou varias áreas funcionais da empresa, ou realizan tarefas técnicas da máis alta complexidade e cualificación. Toman decisións ou participan na elaboración así como na definición de obxectivos concretos. Desempeñan as súas funcións cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade.

    Formación: titulación universitaria de grao superior ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa e/ou con experiencia consolidada no exercicio do seu sector profesional.

    Comprende as seguintes categorías: titulados de grao superior, xefe administrativo, xefe de persoal, xefe de vendas, xefe de división, encargado xeral, xefe de compras.

  2. Grupo profesional 1.

    Inclúense neste grupo profesional os traballadores que cun alto grao de autonomía, iniciativa e responsabilidade, realizan tarefas técnicas complexas, con obxectivos globais definidos, ou que ten un alto contido intelectual ou de interrelación humana. Tamén aqueles responsables directos da integración, coordinación e supervisión de funcións realizadas por un conxunto de colaboradores nunha mesma área funcional.

    Formación: titulación universitaria de grao medio ou coñecementos equivalentes equiparados pola empresa, completados cunha experiencia dilatada no seu sector profesional. Poderán ter estudios universitarios de grao superior e asimilarse ós postos definidos neste grupo, titulados superiores de entrada.

    Comprende as seguintes categorías: xefe de almacén, xefe de grupo, ATS, xefe de sección de servicios, xefe de sección administrativa, titulado de grao medio, xefe sucursal, xefe de sección de mercadorías.

  3. Grupo profesional 2.

    Inclúense neste grupo profesional os traballadores que con ou sen responsabilidade de mando, realizan tarefas cun contido medio de actividade intelectual e de interrelación humana, nun marco de instruccións precisas de complexidade técnica media, con autonomía dentro do proceso. Realizan funcións que supoñen a integración, coordinación e supervisión de tarefas homoxéneas, realizadas por un conxunto de colaboradores, nun estadio organizativo menor.

    Formación: titulación de grao medio, técnico especialista de segundo grao e/ou con experiencia dilatada en posto de traballo similar.

    ...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR