Decreto 206/2007, do 25 de outubro, polo que se declaran como zonas de especial interese agrario as comarcas de Ordes, A Terra Chá, A Limia, O Deza e O Baixo Miño.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyDecreto

A Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia, recolle nos seus artigos 2.2º e 3.11º que terán a condición de zonas de especial interese agrario (ZEIA) para os efectos de aplicación desta lei, aqueles ámbitos territoriais que, mediante decreto, determine o Consello da Xunta por seren necesarios para acadar unha axeitada xestión do Banco de Terras de Galicia.

O Banco de Terras de Galicia constitúe un instrumento fundamental para impulsar o medio rural, favorecendo a mobilidade das terras que están improdutivas, evitando o seu abandono e a perda de superficie agraria útil.

A xestión do banco de terras pode favorecer a ampliación de explotacións existentes e impulsar o nacemento de novas explotacións supoñendo un importante medio de xeración de emprego no rural e remuda xeracional ao favorecerse a incorporación de xente moza ás actividades agropecuarias.

A ampliación da base territorial das explotacións permitirá unha menor dependencia de pastos e forraxes externos, así como a posible diversificación de cultivos, aumentando a capacidade produtiva das explotacións e a posibilidade de apertura a novos mercados para a comercialización dos produtos agrarios.

Obxectivos e finalidades que redundan nunha elevación do nivel de vida dos agricultores, abrindo e facendo atractiva a actividade agraria a novos sectores de poboación para o seu asentamento no rural, superando así o envellecemento e o abandono do agro galego.

A posta en valor dos predios agrarios infrautilizados, semiabandonados ou en grave situación de abandono, son unha potencial fonte de riqueza sobre as que o banco de terras debe incidir de xeito especial, poñéndoos á disposición das explotacións para establecer, ampliar ou dotarse dunha base territorial que mellore a súa competividade e viabilidade técnico-económica e social.

Para acadar este obxectivo, a Xunta de Galicia procederá á declaración de zonas de especial interese agrario ata abranguer de xeito progresivo a práctica totalidade da superficie agraria do territorio galego.

Logo dunha primeira análise do territorio determináronse unhas zonas caracterizadas pola súa alta produtividade agrícola e gandeira posta de manifesto pola existencia de explotacións que o avalan ou polas propias características e potencialidade dos terreos ou zonas en que se localizan. Zonas que foran obxecto de concentración...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR