Resolución do 18 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

O Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, recolle no seu artigo 27.22º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en materia da promoción do deporte en réxime de exclusividade. En virtude desta competencia, a Lei 11/1997, do 22 de agosto, xeral do deporte de Galicia, establece que a Administración autonómica promoverá o deporte de competición, así como tamén a competencia desta para a concesión de subvencións ás asociacións deportivas de Galicia (artigos 3.4º e 11 letra c), respectivamente).

Pola súa banda, o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, atribúelle á Secretaría Xeral para o Deporte as competencias da comunidade autónoma en materia de deportes.

En virtude das atribucións conferidas, a Secretaría Xeral para o Deporte, por medio desta resolución, vén concretar a competencia legal antes apuntada da concesión de subvencións económicas ás entidades deportivas de Galicia para o desenvolvemento das súas actividades, coadxuvando así á súa consolidación no obxectivo xeral de garantir o desenvolvemento das actividades en que participan ou que promovan.

A universalización da práctica deportiva ten un papel transcendental na sociedade, actuando de maneira transversal a moitos aspectos sociais de gran relevancia para a mellora da calidade de vida dos cidadáns. Por esta razón é necesario apoiar as actividades e a participación dos clubs de Galicia en ligas ou campionatos oficiais de ámbito galego, estatal ou internacional, así como tamén as entidades que contribúen de forma importante ao desenvolvemento e á promoción do deporte e, en particular, do deporte base e do deporte feminino. Todas estas entidades deben conxugar o seu traballo de forma harmónica e complementaria para consolidar todos os itinerarios do deporte, desde a formación base, pasando pola competición, ata o alto rendemento deportivo, o que no seu conxunto cumpre un importante papel, entre outros, na formación educativa dos mozos e mozas nas respectivas disciplinas onde desenvolven a súa actividade.

A través desta resolución publícanse as referidas subvencións, que se tramitarán baixo o réxime de concorrencia non competitiva, sen que se produza comparación entre elas. A elección deste procedemento vén motivada pola propia natureza das subvencións, xa que a súa condición unicamente a determina o cumprimento por parte das entidades solicitantes dos requisitos establecidos na propia resolución.

Finalmente, esta convocatoria configúrase como un suposto de tramitación anticipada dos regulados no artigo 25.1º letra a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, axustándose igualmente á Orde do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto.

En virtude do exposto, e en exercicio das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º Convocatoria e bases reguladoras.

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, e que rexerán a concesión de subvencións pola Secretaría Xeral para o Deporte destinadas aos clubs deportivos e agrupacións deportivas escolares de Galicia para a súa participación en competicións oficiais, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2011.

Artigo 2º Solicitudes.

2.1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución.

2.2. Deberá presentarse unha única solicitude por entidade. Os clubs deportivos que participen en actividades deportivas oficiais de máis dunha federación deportiva galega, e desexen recibir subvención pola actividade desenvolvida en cada unha delas, deberán reflectir particularmente, na instancia de solicitude, cada unha das federacións en que desenvolven a súa actividade deportiva.

2.3. A presentación das solicitudes implica o compromiso de someterse ás normas reguladoras da subvención establecidas nesta resolución.

2.4. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, serán causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3º Lugar e prazo de presentación de solicitudes e emenda de deficiencias.

3.1. As solicitudes dirixiranse aos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, mediante a súa presentación por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aos seguintes enderezos:

-Servizo Provincial de Deportes da Coruña: praza de Agustín Díaz 1, 15008 A Coruña.

-Servizo Provincial de Deportes de Lugo: edificio administrativo rolda da Muralla, 70-1º, 27071 Lugo.

-Servizo Provincial de Deportes de Ourense: avda. de La Habana, 79-4º pranta, 32004 Ourense.

-Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra: rúa Fernández Ladreda nº 43-5º, 36003 Pontevedra.

3.2. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta e cinco días naturais, contado dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

3.3. A Secretaría Xeral para o Deporte velará polos datos de carácter persoal que serán obxecto de tratamento, e para eses efectos procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, adoptándose tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas.

A finalidade da recolla e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tratamento do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros. Porén, a Secretaría Xeral para o Deporte revelará ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso.

Decláranse recoñecidos e poderase exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, dirixindo un escrito á Secretaría Xeral para o Deporte, Estadio Multiusos de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela, indicando no sobre ou no asunto do escrito Dereitos arco-Servizo de Contratación e Xestión Económica.

3.4. Recibidas as solicitudes e a documentación complementaria, serán analizadas polos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte, co obxecto de comprobar que se atopan debidamente cubertas e suficientemente documentadas. En caso contrario, requirirán o solicitante para que, no prazo improrrogable de dez días, proceda a emendar as deficiencias observadas, coa advertencia de que, se non o fixera así, se considerará que desiste da súa petición, logo da adopción da oportuna resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 4º Financiamento.

4.1. A concesión de subvencións reguladas nesta resolución será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 04.60.441A.481.0 do exercicio orzamentario do ano 2011, ata un importe máximo de 3.500.000 euros (tres millóns cincocentos mil euros). Este importe poderá ser ampliado no caso de existencia de crédito na aplicación orzamentaria no momento da resolución segundo o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Da contía referida, destinarase a clubs deportivos de 3.400.000 euros (tres millóns catrocentos mil euros), sendo a axuda por beneficiario inferior aos 30.000 euros. Os restantes 100.000 euros (cen mil euros), destinaranse ás agrupacións deportivas escolares, non podendo superar neste caso a axuda por beneficiario os 15.000 euros.

4.2. A concesión destas subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Artigo 5º Prazo de duración do procedemento de concesión.

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá superar a duración de seis meses. A resolución das subvencións non será anterior, en todo caso, ao 1 de xaneiro de 2011.

Artigo 6º Xustificación e prazo para a súa realización.

6.1. A xustificación das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria efectuarase conforme o establecido no artigo 14 das bases reguladoras, e esta xustificación deberá corresponder a gastos aboados no período comprendido entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro do mesmo ano.

6.2. Os beneficiarios, unha vez notificadas as resolucións de concesión, deberán xustificar a axuda concedida no prazo dun mes contado desde a notificación, presentando para iso a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR