Decreto 180/2006, do 19 de outubro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas nos días 2 e 3 de outubro en Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Nos días 2 e 3 de outubro producíronse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia unha serie de inundacións que causaron graves danos en bens de titularidade pública e privada.

A magnitude dos feitos e as súas consecuencias obrigan, desde o principio constitucional de solidariedade e por aplicación dos principios de equidade e igualdade de trato, á adopción de medidas e axudas para reparar e paliar, na medida do posible, os danos sufridos.

Na súa virtude, por proposta dos conselleiros de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, Economía e Facenda, Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Innovación e Industria, Medio Rural, Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e Vivenda e Solo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezanove de outubro de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º Ámbito de aplicación.

As axudas establecidas neste decreto aplicaranse á reparación dos danos causados polas inundacións acaecidas entre os días 2 e 3 de outubro, ambos incluídos, no ámbito territorial dos concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Vimianzo, Camariñas, Muxía e Zas, nos termos que se conteñen neste decreto e polas contías que nel e nas disposicións que o desenvolvan se establezan.

Artigo 2º Natureza das axudas.
  1. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, nacional ou internacional, do que poidan ser beneficiarios os afectados.

  2. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas neste decreto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos, procedentes de sistemas públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido.

Artigo 3º Réxime xurídico.
  1. O procedemento de concesión rexerase polo establecido no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobada polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR