Decreto 244/2008, do 9 de outubro, polo que se aproban os estatutos do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, complementando así o ámbito competencial determinado no artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e asumiuse polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia.

A Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, ditada en virtude da citada competencia, dispón no seu artigo 16, en relación co 18, que os colexios profesionais gozarán de autonomía para a elaboración, aprobación e modificación dos seus estatutos, sen máis límites que os establecidos polo ordenamento xurídico.

O Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia, creado mediante Lei 9/2006, do 1 de decembro, de creación do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia, acordou, na Asemblea Xeral extraordinaria do 12 de xullo de 2008, a aprobación dos seus estatutos definitivos, adaptados ao disposto na Lei 11/2001, do 18 de setembro. Estes estatutos foron comunicados á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para os efectos da súa aprobación definitiva, logo da súa cualificación de legalidade.

Tendo en conta o exposto, en virtude do uso da competencia que ten atribuída polo artigo 34.5º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do nove de outubro de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobación dos estatutos do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia.

Apróbanse, por ser adecuados á legalidade, os estatutos do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia, que figuran como anexo a este decreto.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de outubro de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Estatutos do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia

Capítulo I

Normas xerais

Sección primeira

Denominación, natureza

Artigo 1º
  1. O Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia é unha corporación de dereito público, de carácter profesional, con estrutura democrática e personalidade xurídica propia, con plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, recoñecida e amparada pola Constitución, o Estatuto de autonomía de Galicia, a lexislación de colexios profesionais e a Lei de creación do Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia.

  2. A incorporación ao colexio débese facer de acordo co que dispoñen as leis reguladoras dos colexios profesionais. A colexiación é condición previa e requisito indispensable para poder exercer a profesión en Galicia en calquera das súas modalidades e ramas sectoriais previstas na Lei de creación do colexio e nestes estatutos.

  3. Os profesionais titulados vinculados coa Administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral non precisarán estar colexiados para o exercicio de funcións puramente administrativas nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da administración a que pertenzan, cando o destinatario inmediato daquelas sexa esa administración. Será obrigatoria, en consecuencia, a colexiación para o exercicio da actividade privada.

Artigo 2º

O Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia agrupa oficialmente e de forma obrigatoria a todas as persoas que queiran exercer a profesión en calquera das súas ramas ou modalidades; que teñen a titulación de:

-Técnico ou técnica superior de artes plásticas e deseño en bixutería artística, en xoiaría artística e en ourivaría e prataría artísticas, pertencentes á familia profesional da xoiaría de arte, establecidos no Real decreto 1297/1995, do 21 de xullo.

-Técnico ou técnica de artes plásticas e deseño en procedemento de ourivaría e prataría, en moldaxe e fundición de obxectos de ourivaría, en xoiaría e bixutería artísticas, en procedemento de xoiaría artística, en gravado artístico sobre metal, en engaste e en damasquinado, pertencentes á familia profesional da xoiaría de arte, títulos establecidos no Real decreto 1298/1995, do 21 de xullo.

-Técnico ou técnica en xoiaría, establecido no Real decreto 498/2003, do 2 de maio.

-Títulos académicos oficiais en xemoloxía expedidos polas escolas desa materia da Universidade de Barcelona, da Universidade Autónoma de Madrid ou de calquera outra do Estado español que os expida no futuro.

Así mesmo, calquera título español ou estranxeiro equivalente verificado ou homologado, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria terceira da Lei 9/2006, de creación do colexio.

Artigo 3º

O Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia ten como finalidades esenciais:

  1. Ordenar e vixiar, dentro do marco das leis e do ámbito da súa competencia, o exercicio das profesións de xoieiro, de ourive, de reloxeiro e de xemólogo.

  2. Asumir a representación corporativa dos xoieiros, ourives, reloxeiros e xemólogos de Galicia ante as autoridades, organismos públicos, tribunais de xustiza e calquera ente legalmente constituído, sen prexuízo da existencia e do funcionamento dos gremios e asociacións profesionais legalmente constituídos.

  3. Posuír e exercer a representación e defensa corporativa dos intereses profesionais e o prestixio de todos os colexiados ou calquera deles, se son obxecto de persecución ou vexación no ámbito do seu respectivo exercicio profesional.

  4. Asesorar as corporacións oficiais e as persoas individuais e colectivas nas formas previstas pola lei e participar nos órganos consultivos da Administración cando se lle requira.

  5. Velar para que o exercicio da actividade profesional propia de cada unha das profesións se adecúe á ética profesional e aos intereses dos cidadáns.

  6. Exercer a xurisdición disciplinaria en materias profesionais e colexiais.

  7. Evitar a competencia desleal entre os colexiados.

  8. Intervir como mediador, mediante os procedementos de arbitraxe que se establezan, nos conflitos que, por motivos profesionais, lle sexan sometidos polos colexiados.

  9. Cumprir e facerlles cumprir aos colexiados as leis que afecten a profesión, estes estatutos e as outras normas, acordos e decisións que, en exercicio das súas competencias, dite o colexio.

  10. Velar pola mellora técnica, profesional, social e económica dos seus membros e fomentar a formación e reciclaxe profesionais mediante, entre outros, a organización de cursos, conferencias, congresos e a publicación de revistas, folletos e circulares.

  11. Organizar actividades e servizos de carácter profesional, servizos de asesoría legal, laboral, fiscal e de calquera clase, cultural, asistencial, formativo, de previsión ou análogas que sexan de interese para os colexiados.

  12. Redactar e aprobar os regulamentos de orde interna que se consideren convenientes para a boa marcha do colexio, que en ningún caso poden contradicir o que se establece nestes estatutos.

  13. Aprobar os seus orzamentos e fixar as achegas dos colexiados, sexa en forma de cotas de ingreso, ordinarias ou extraordinarias.

  14. Garantir unha organización colexial eficaz e democrática, por medio da Xunta de Goberno, e establecer as seccións de especialidades profesionais e as agrupacións territoriais que se consideren convenientes para o mellor exercicio e a defensa da profesión no ámbito territorial do colexio.

  15. Evitar o intrusismo e exercer as accións legais para reprimilo.

  16. As outras funcións impostas pola lexislación, as que sexan propias da natureza e as finalidades do colexio ou as...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR