DECRETO 274/1999, do 21 de outubro, polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, establece a necesidade de adecua-la xestión dos espacios naturais e das especies que se deben protexer ós seus principios inspiradores, para o que se fai preciso a posta en vigor dun instrumento de planificación dos recursos naturais que permita acada-los obxectivos de conservación do ecosistema e harmonice os distintos intereses implicados no uso sostido e desfrute público destes espacios.

O artigo 27.30º do Estatuto de autonomía de Galicia faculta a Xunta de Galicia para levar a cabo aquelas accións que considere necesarias para a protección, conservación e mellora dos espacios naturais e das especies e elementos singulares de fauna, flora e xea de Galicia que polo seu valor e interese científico, paisaxístico, cultural ou histórico requiran unha especial atención.

Ante a necesidade de xeneralizar este enfoque preventivo co fin de harmoniza-las actividades económicas e o ambiente no espacio dos arquipélagos das illas Cíes, Ons e Sálvora, procédese á redacción do Plan de Ordenación de Recursos Naturais.

A declaración deste territorio como futuro espacio protexido ten por obxecto conserva-la integridade dos ecosistemas incluídos dentro dos límites, que cons

titúen unha representación significativa dos sistemas naturais e seminaturais asociados á vexetación de acantilados e os procesos xeodinámicos mariños (sistemas dunares), así como dos elementos físicos e biolóxicos que os caracterizan. Así mesmo, ten como obxectivo contribuír á protección, recuperación, fomento e difusión dos valores culturais e antropolóxicos que conforman a historia deste espacio natural, permitindo o coñecemento e desfrute dos principais valores e asegurando, sempre de xeito compatible coa súa conservación, tanto a actividade investigadora e educativa como o simple acceso dos visitantes. Finalmente, a declaración deste espacio protexido promoverá o desenvolvemento social, económico e cultural sostible para as persoas e comunidades asociadas ó seu ámbito territorial e área de influencia, garantindo a súa participación en todo o proceso. Deste xeito achegaríase ó patrimonio nacional, europeo e mundial unha mostra representativa dos ecosistemas insulares de

acantilados e de dinámica dunar dos arquipélagos galegos das Cíes, Ons e Sálvora e o seu legado natural e cultural, co que se podería participar nos programas nacionais e internacionais de conservación da biodiversidade.

Co propósito de cumpri-los obxectivos reflectidos no artigo 4.3º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, e ante a necesidade de xeneralizar un enfoque preventivo no tratamento da problemática ambiental no que se refire ó proceso xeral de toma de decisións económicas e á integración das esixencias ambientais na planificación dos espacios naturais segundo a política ambiental comunitaria, procedeuse á elaboración deste Plan de Ordenación dos Recursos Naturais a partir da información obtida do inventario elaborado para este fin sobre estes arquipélagos.

O PORN elaborado pola Consellería de Medio Ambiente respecta os obxectivos e contidos que recolle o artigo 4 da Lei 4/1989. Así, delimita e describe o ámbito territorial, define o estado de conservación dos recursos e ecosistemas, especifica as distintas zonas existentes no espacio e determina as limitacións para cada unha delas, concreta as actividades que requiren un réxime de avaliación e establece recomendacións básicas para a xestión. Como anexo a este decreto figuran as principais prescricións do PORN.

O procedemento de elaboración do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) das Illas Atlánticas inclúe, entre outros, os trámites de audiencia ós interesados, información pública mediante publicación no DOG e consulta dos intereses sociais.

Por estas razóns, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de outubro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo lº

De acordo co establecido no título segundo da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, apróbase o Plan

de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas como instrumento de ordenación dos seus recursos naturais, que figura como anexo a este decreto, e que inclúe o xa declarado Parque Natural das Illas Cíes e os arquipélagos de Ons e Sálvora, coas súas augas adxacentes.

Artigo 2º

No referente ós usos e actividades que se poden levar a cabo dentro dos límites do espacio natural haberá que aterse ó disposto no Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas, á normativa vixente en materia de conservación da natureza, así como ó resto das disposicións existentes.

Artigo 3º

O outorgamento das autorizacións previstas neste decreto corresponderalle ó órgano competente por razón da materia, logo de informe preceptivo da Consellería de Medio Ambiente. No Parque Natural das Illas Cíes, o citado informe deberá ser emitido pola xunta rectora do dito parque.

Disposición transitoria

A teor do disposto no artigo 5 da Lei 4/1989, do 27 de marzo, este Plan de Ordenación dos Recursos Naturais prevalece sobre calquera ordenación territorial ou física, que deberá adaptarse a aquel no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste decreto.

Disposición derrogatoria

Derrógase o Decreto 156/1998, do 28 de maio (DOG nº 107, do 5 de xuño), polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural das Illas Cíes, en todo o que se opoña ou contradiga o contido deste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Medio Ambiente para dicta-las disposicións necesarias para desenvolver este decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteún de outubro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Índice

  1. Delimitación do ámbito territorial.

  2. Definición do estado de conservación, diagnóstico e evolución dos valores naturais.

    2.1. Ecosistemas.

    2.2. Paisaxes.

    2.3. Elementos singulares.

    2.4. Evolución.

  3. Limitacións de usos e especificacións de zonas.

    3.1. Limitacións xerais.

    3.2. Limitacións específicas e criterios de zonificación.

  4. Réximes de protección que hai que aplicar.

  5. Actividades, obras e instalacións suxeitas a avaliación de impacto ambiental.

  6. Criterios de referencia orientadores das políticas sectoriais que inciden no ámbito do espacio obxecto do PORN.

    6.1. Actividades pesqueiras e marisqueiras.

    6.2. Actividades agrícolas e gandeiras.

    6.3. Edificacións e infraestructuras.

    6.4. Actividades turísticas e recreativas.

    6.5. Actividades da poboación residente.

    6.6. Actividades educativas e culturais.

    6.7. Actividades científicas.

  7. Liñas básicas de xestión.

    7.1. Xestión para a conservación da natureza.

    7.2. Xestión do uso público.

  8. Delimitación do ámbito territorial.

    Este Plan de Ordenación dos Recursos Naturais é de aplicación nos arquipélagos galegos das Cíes, Ons e Sálvora, e abrangue en cada un dos casos o arquipélago e o seu contorno marítimo definido ata a isobata 10 m, tanto no dominio autonómico como estatal.

    Para estes efectos considérase ámbito territorial os arquipélagos das illas Cíes, Ons e Sálvora. Á súa vez o ámbito territorial de cada un dos devanditos arquipélagos é o seguinte:

    -Arquipélago das illas Cíes: o espacio marítimo-terrestre limitado polas isobatas de 10 metros que rodean as illas de Monte Faro, Monteagudo e San Martiño, e illotes adxacentes. Atópase localizado na entrada da ría de Vigo, e abrangue unha superficie de 1.000,80 ha das que 446,35 ha corresponden á área emerxida. Pertence ó concello de Vigo.

    -Arquipélago das illas Ons: o espacio marítimo-terrestre limitado polas isobatas de 10 metros que rodean as illas de Ons e de Onza, e illotes adxacentes. Atópase localizado na entrada da ría de Pontevedra, e abrangue unha superficie de 989,80 ha, das que 445,88 ha corresponden á área emerxida. Pertence ó concello de Bueu.

    -Arquipélago das illas Sálvora: o espacio marítimo-terrestre limitado polas isobatas de 10 metros que rodean as illas e illotes adxacentes. Atópase localizado na parte occidental da ría de Arousa, e abrangue unha superficie de 781,67 ha, das que 242,86 ha corresponden á área emerxida. Pertence ó concello de Ribeira.

    Para definir xeograficamente o ámbito obxecto deste plan, establecéronse dous límites, un terrestre e outro do contorno marítimo afectado, para cada arquipélago. Cada un destes límites referenciouse, tanto en coordenadas UTM como en xeográficas, indicando as esquinas SO e NE do rectángulo que encadra o perímetro deste, tal e como se indica a continuación:

    Arquipélago de Sálvora.

    Límite terrestre:

    NE 500744,50 UTM X/4705658,21 UTM Y

    42º 30' 9,11'' Lat./8º 59' 27,38' Lonx.

    SO 498137,36 UTM X/4701353,89 UTM Y

    42º 27' 49,56'' Lat./9º 1' 21,56'' Lonx.

    Límite marítimo:

    NE 500900,53 UTM X/4706238, 02 UTM Y

    42º 30' 27,91'' Lat./8º 59' 20,54'' Lonx.

    SO 497524,81 UTM X/4700801,76 UTM Y

    42º 27' 31,65'' Lat./9º 1' 48,37'' Lonx.

    Arquipélago de Ons.

    Límite terrestre:

    NE 506714,17 UTM X/4694619,48 UTM Y

    42º 24' 11,13'' Lat./8º 55' 6,29'' Lonx.

    SO 504249,70 UTM X/468747,62 UTM Y

    42º 20' 31,64'' Lat./8º 56' 54,28'' Lonx.

    Límite marítimo:

    NE 507106,95 UTM X/4694794,73 UTM Y

    42º 24' 16,80'' Lat./8º 54' 49,10'' Lonx.

    SO 503653,36 UTM X/4687621,65 UTM Y

    42º 20' 24,33'' Lat./8º 57' 20,35'' Lonx.

    Arquipélago de Cíes.

    Límite terrestre:

    NE 509279,35 UTM X/4677907,03 UTM Y

    42º 15' 9,20'' Lat./8º 53' 15,05'' Lonx.

    SO 506813,51 UTM X/4669678,42 UTM Y

    42º 10' 42,50'' Lat./8º 55' 3,01'' Lonx.

    Límite marítimo:

    NE 509926,76 UTM X/4678242,59 UTM Y

    42º 15' 20,05'' Lat./8º 52' 46,78'' Lonx.

    SO 506509,57 UTM X/4669513,58 UTM Y

    42º 10' 37,17'' Lat./8º 55' 16,26'' Lonx.

  9. Definición do estado de conservación, diagnóstico e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR