Decreto 184/2010, do 28 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de vía polígono industrial á estrada do Acevedo do concello de Cerceda.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Cerceda, en sesión celebrada o día vinte e dous de xuño de dous mil dez, aprobou o proxecto de vía polígono industrial á estrada do Acevedo e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

O expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

O expediente tratouse na comisión de secretarios xerais antes da súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

O expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia, considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado xa que, segundo sinala o Concello de Cerceda, así como os informes da policía local e dos técnicos, o acceso ao polígono industrial é un punto evidente de perigo para a seguridade viaria. Por conseguinte, a execución das obras proxectadas son necesarias e non se poden demorar debido, entre outros extremos, á estreiteza do tramo viario e á carencia de beirarrúas e beiravías nos terreos afectados. Isto vese agravado pola tipoloxía de vehículos que circulan neste tramo, sobre todo vehículos pesados, que provocan situacións de risco para os peóns e para os condutores, unido á...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR