Decreto 221/2007, do 31 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Ames, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de travesía en Tarrío.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Concello de Ames, en sesión do día vinte e sete de outubro de dous mil cinco, aprobou o proxecto de travesía en Tarrío e, na sesión do vinte e un de febreiro de dous mil sete, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ao abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens en que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

Que ese expediente tivo entrada na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e que contén a xustificación acreditativa da motivación para a declaración de urxente ocupación.

Que o expediente foi tratado na Comisión de Secretarios Xerais previa á súa elevación ao Consello da Xunta de Galicia.

Que o expediente contén a documentación a que se refire o artigo primeiro da Orde do 7 de decembro de 1983, sobre declaracións de urxente ocupación, así como a exixida no artigo 3 da Lei 11/1996, do 27 de decembro, de medidas de disciplina orzamentaria.

En consecuencia considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o concello, o proxecto recolle a construción dunha travesía coas correspondentes beirarrúas, redes municipais de abastecemento, de saneamento de augas residuais e de recollida de augas pluviais, debido a que a ausencia destes servizos está a provocar un problema de contaminación do subsolo, xa que existen fosas sépticas que producen unha continua contaminación de augas subterráneas e, por conseguinte, das augas dos pozos destinados ao consumo humano que poden non reunir as garantías hixiénico-sanitarias propias das augas da traída municipal que está suxeita a uns controis públicos e periódicos que permiten garantir que estas son aptas para o consumo humano.

Sinalar ademais que estas obras permitirán solucionar un problema...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR