Resolución do 16 de outubro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución

De acordo co establecido no artigo 150.2º da Constitución española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia transfire, no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, complementando así o ámbito competencial determinado no artigo 27.29º do Estatuto de autonomía de Galicia.

A transferencia en materia de colexios oficiais ou profesionais fíxose efectiva a través do Real decreto 1643/1996, do 5 de xullo. Foi asumida mediante o Decreto 337/1996, do 13 de setembro, e é a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a que ten asignadas as competencias nesta materia en virtude do Decreto 37/2007, do 15 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da citada consellería.

Mediante o Real decreto 1141/2007, do 31 de agosto, traspásanse as funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de expedición do título de xestor administrativo. Foron asumidas polo Decreto 172/2007, do 6 de decembro, sobre a asunción de funcións e servizos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante Real decreto 1141/2007, do 31 de agosto, en materia de expedición do título de xestor administrativo, e sobre a súa asignación á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O artigo 2 do Decreto 172/2007, do 6 de decembro, establece que as referidas funcións e servizos serán exercidas pola Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

En consecuencia, por proposta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, e de conformidade co Consello Xeral de Colexios de Xestores Administrativos,

RESOLVO:

Primeiro.-Convocar as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo, que se rexerán polas bases contidas no anexo I desta resolución, e aprobar o temario das probas de aptitude (anexo II) e o modelo de solicitude de admisión a elas (anexo III).

Segundo.-Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de calquera outro recurso que as persoas interesadas xulguen procedente.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2008.

Santiago A. Roura Gómez

Secretario xeral da Consellería de Presidencia,

Administacións Públicas e Xustiza

ANEXO I

  1. Requisitos.

    Primeira.-Poderán concorrer ás probas de aptitude aqueles que, na data de expiración do prazo de presentación de solicitudes, reúnan os seguintes requisitos:

    1. Ser español, nacional dun Estado membro da Unión Europea, dos demais signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou dun país que conceda reciprocidade de títulos e dereitos.

    2. Ser maior de idade.

    3. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha das administracións públicas, nin se achar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas no ámbito de ningún dos Estados membros da Unión Europea, dos demais signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou dos países cos cales existan convenios de reciprocidade.

    4. Estar en posesión ou en condicións de obter algún dos seguintes títulos:

    Licenciado en dereito.

    Licenciado en ciencias económicas e empresariais.

    Licenciado en administración e dirección de empresas.

    Licenciado en económicas.

    Licenciado en ciencias políticas e socioloxía.

    Licenciado en ciencias políticas e da administración.

    No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, haberá que estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

  2. Solicitudes.

    Segunda.-Os que desexen tomar parte nas expresadas probas de aptitude subscribirán a correspondente solicitude, dirixida ao presidente do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

    O impreso de solicitude será facilitado gratuitamente polo Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia. Este impreso de solicitude figura na páxina web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia (http://ga-galicia.gestores.net/) e na sede electrónica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (http://cpapx.xunta.es/portal/secretaria/index.htm).

    Terceira.

    1. As solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    2. As solicitudes presentaranse na sede do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia (r/ Durán Loriga, 2, 1º, 15003 A Coruña) ou nas súas delegacións en Lugo (r/ Bolaño Rivadeneira, 2, entresollado, 27001 Lugo), Ourense (r/ Concejo, 14, 34003 Ourense), Pontevedra (r/ Blanco Porto 9, 1º, 36001 Pontevedra) ou Vigo (r/ Zamora 98, baixo, 36211 Vigo).

      Cuarta.

    3. As solicitudes de admisión deberán ir acompañadas do xustificante de ter satisfeita a cantidade de setenta e dous euros en concepto de formación do expediente e dereitos de exame. O devandito pagamento deberá realizarse mediante ingreso en efectivo na conta corrente do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia que consta no modelo oficial de solicitude, que deberá ser validada pola entidade bancaria en que se efectúa o ingreso, a través de certificación mecánica ou, de ser o caso, mediante selo e sinatura autorizada da citada entidade, no espazo destinado para estes efectos.

    4. A falta de acreditación do pagamento desta cantidade determinará a non-admisión do interesado ás probas de aptitude.

      Quinta.

    5. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o presidente do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia aprobará a lista provisional de aspirantes admitidos e non admitidos á realización das probas, que se exporá no taboleiro de anuncios do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

    6. Os aspirantes non admitidos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR