Decreto 234/2003, do 3 de abril, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

O Real decreto 1/2002, do 11 de xaneiro, establece o marco normativo de financiamento de actuacións protexidas do Plan de Vivenda e Solo para o período 2002-2005.

Estando en execución as actuacións acollidas ós plans de vivenda 1998-2001 e 2002-2005 e asinados diversos convenios referentes a áreas de rehabilitación coincidentes cos conxuntos históricos de diversos concellos de Galicia, seguen vixentes os motivos que xustifican a oportunidade e necesidade de continuar coa liña de axudas tendente ó rescate, conservación e ordenación dos ditos conxuntos históricos galegos e a publicación dunha nova normativa que, en coherencia co novo Plan de Vivenda, articule estas subvencións como unha liña máis de axuda entre as previstas para a vivenda con carácter permanente ata o ano 2005.

Así pois, este decreto ten por obxecto a regulación e coordinación co marco normativo dos plans de vivenda das axudas ós promotores de actuacións de rehabilitación en vivendas e edificios con destino a vivenda situados nos conxuntos históricos galegos, nos núcleos históricos con planeamento especial oficialmente aprobado e nas entidades de poboación polas que discorre o Camiño Francés de Santiago.

Este decreto desenvolverase mediante ordes anuais que determinarán a contía dos recursos para cada exercicio orzamentario.

En virtude do anterior e por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.
  1. Esta disposición aplicarase ó fomento e á protección da rehabilitación de vivendas situadas en:

  1. Zonas de rehabilitación de núcleos históricos por fomento da iniciativa privada que serán delimitadas por acordo municipal e terán que estar incluídas obrigatoriamente na delimitación de conxunto histórico-artístico oficialmente aprobada.

  2. Núcleos históricos con Plan Especial de Protección e Reforma Interior oficialmente aprobado.

  3. Entidades de poboación que figuran no anexo III, polas que discorre o Camiño Francés de Santiago.

Artigo 2º Actuacións protexibles.
  1. As actuacións de rehabilitación que poderán acollerse a este decreto serán o conxunto de obras necesarias para acada-lo necesario nivel de adecuación nos seguintes aspectos:

    1. Condicións estructurais-seguridade.

  2. Elementos estructurais e constructivos.

  3. Adecuación ou realización de instalacións en xeral.

  4. Mellora das condicións de illamento en xeral.

  5. Medidas de seguridade (incendios, sinistros, etc.).

  6. Acabados de elementos comúns.

    1. Habitabilidade.

  7. Programa funcional das vivendas.

  8. Dimensións da vivenda e as estancias.

  9. Adecuación e funcionalidade das diferentes instalacións.

  10. Condicións de ventilación, iluminación e aireación.

  11. Mellora das condicións constructivas.

    1. Condicións artísticas: protección patrimonial.

  12. Melloras do volume externo.

  13. Melloras de elementos singulares.

  14. As condicións a que se refire o punto anterior serán as mínimas esixibles, sendo complementarias das determinacións derivadas do planeamento urbanístico que, se é o caso, afecten ós núcleos históricos.

  15. As obras relativas á adecuación estructural e de seguridade serán preferentes ás previstas en materia de habitabilidade e protección patrimonial, polo que non poderán solicitarse estas se o inmoble precisase a realización das primeiras.

    O nivel mínimo de adecuación nos aspectos a que se refire este artigo é o establecido no anexo I desta disposición.

  16. Establécense como prezos máximos os das distintas partidas da base de datos da construcción de Galicia publicadas, e para as partidas non definidas determinaranse os rendementos por asimilación doutras partidas.

Artigo 3º Beneficiarios.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo concederalles axudas a promotores de actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios con destino a vivenda situados nas zonas, núcleos e entidades establecidos no artigo 1º.

Artigo 4º Axudas.
  1. A Comunidade Autónoma de Galicia, con cargo ós orzamentos do Instituto Galego da Vivenda e Solo e dentro das dispoñibilidades orzamentarias que poidan consignarse en cada exercicio económico, que se cuantificarán nas respectivas ordes anuais, poderá subvenciona-las actuacións recollidas no artigo 2º nunha contía equivalente ó 30% do custo real das actuacións de rehabilitación determinado polo prezo total do contrato de execución, os honorarios facultativos e de xestión e os tributos satisfeitos por razón das actuacións. A devandita subvención terá un límite absoluto de 4.250 euros por vivenda.

  2. As axudas desta disposición atenderanse da forma que será establecida mediante ordes anuais da Con

    sellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que determinarán:

  3. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, onde figuran os créditos para esta finalidade, con cargo á que serán atendidas as ditas axudas.

  4. O importe máximo das axudas que se poderán outorgar dentro de cada exercicio orzamentario.

Artigo 5º Solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas oficinas da delegación provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo que corresponda por razón da situación da vivenda ou en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e formularanse en instancia dirixida ó director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo segundo o modelo que figura no anexo II deste decreto.

Xunto coas solicitudes presentarase a seguinte documentación:

-DNI/NIF.

-Memoria que conterá polo menos:

  1. Descrición do tipo de actuación que vai levar a cabo entre as recollidas no artigo 2º.

  2. Documento acreditativo da titularidade, como propietario ou inquilino.

  3. Superficie útil da vivenda ou inmoble.

  4. Orzamento de execución, asinado polo contratista, polo promotor e polo técnico competente, se é o caso.

  5. Se é o caso, proxecto de execución asinado por técnico competente.

  6. Prazo máximo da execución das...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR