Resolución do 2 de marzo de 2009 pola que se regulan as bases e o procedemento para a concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, das indemnizacións, de pagamento único, a favor das mulleres que sofren violencia de xénero e/ou das e dos menores ou persoas dependentes afectadas por esta, ao abeiro do previsto no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorSERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER
Rango de LeyResolución

En virtude do artigo 148.1º.20 da Constitución española e o artigo 27.23º do Estatuto de autonomía de Galicia, a comunidade autónoma asume a competencia, exclusiva en materia de asistencia social. No exercicio da dita competencia, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, relacionando de entre as áreas de actuación a destinada á muller. No seu artigo 50 prevé a posibilidade de concederlles prestacións e axudas económicas a persoas que se atopen en estado de necesidade. Así, a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais, determina que son prestacións económicas do sistema galego de servizos sociais (periódicas ou de pagamento único) as que teñen como finalidade, entre outras, paliar situacións transitorias de necesidade, incluíndo expresamente as dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero.

O Decreto 211/2006, do 3 de agosto, establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e a través do Decreto 232/2006, do 11 de agosto, modificado polos decretos 332/2006, do 18 de agosto, e 454/2006, do 1 de setembro, establécese a estrutura dos seus departamentos.

De conformidade cos referidos decretos, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar asume o exercicio das competencias en materia de políticas autonómicas, de igualdade de xénero e as de benestar.

A Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, organismo autónomo que depende da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar adscrito á Secretaría Xeral da Igualdade, establece no seu artigo 3 como funcións deste organismo promover medidas para a consecución da igualdade efectiva das mulleres, coordinar e avaliar plans e programas de acción e colaborar no desenvolvemento de actividades que realicen as administracións locais e todas as entidades que polos seus fins contribúan para á consecución dos obxectivos previstos nesta lei.

No seu preámbulo, a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, refire as accións que os poderes públicos deben levar a cabo para protexer e asistir as mulleres que sofren violencia de xénero, menciona a asistencia sanitaria, xurídica, social e psicolóxica integral, os dispositivos de alarma e os programas de reeducación, como instrumentos básicos de protección, mais a propia lei indica que todas estas medidas son insuficientes se as vítimas carecen de recursos para iniciar unha nova vida en liberdade e afastada dos seus agresores, polo que se establecen diferentes fórmulas de axuda económica que promovan a súa non dependencia do agresor.

O artigo 43 da lei indica que a Xunta de Galicia concederá indemnizacións a favor das mulleres que sofren violencia de xénero e/ou das e dos menores ou persoas dependentes afectadas beneficiarias de indemnizacións por danos e perdas causados pola violencia de xénero, fixadas polos tribunais e que non son satisfeitas por insolvencia económica do obrigado ao pagamento cando as persoas beneficiarias están nunha situación de precariedade económica.

En consecuencia, a través desta disposición, establécense as bases que rexerán o procedemento de concesión das axudas, para a convocatoria do ano 2009, que se tramitarán baixo o réxime de concorrencia non competitiva.

O financiamento destas axudas farase con cargo á partida orzamentaria. 05.80.313D.480.0 da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2009, e ascende a 100.000 euros.

A resolución destas axudas axustarase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade e obxectividade, agás o réxime xeral de concorrencia competitiva.

Por todo o disposto, en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto, finalidade e réxime.
  1. Esta resolución ten por obxecto regular as bases e o procedemento para a concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, das indemnizacións, de pagamento único, a favor das mulleres que sofren violencia de xénero e/ou das e dos menores ou persoas dependentes afectadas por esta, para dar cumprimento ao previsto no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

  2. A finalidade destas axudas é evitar situacións de precariedade económica das vítimas de violencia de xénero, garantindo que as mulleres e/ou as e os menores ou persoas dependentes, residentes en Galicia, que sufran ou se vexan afectadas por este tipo de violencia poidan percibir as indemnizacións, fixadas mediante sentenza xudicial ditada polos xulgados e tribunais con sede en territorio galego, que lles correspondan polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da dita violencia, no caso de que non se produza o pagamento das citadas indemnizacións por parte do...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR