Decreto 113/2005, do 28 de abril, sobre a aprobación definitiva da modificación das normas subsidiarias de planeamento de Cerceda (A Coruña) para a modificación puntual de uso en terreos do vertedoiro municipal. (Expediente AC-04013).

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto
  1. O planeamento urbanístico vixente no municipio de Cerceda (A Coruña) son as normas subsidiarias de planeamento municipal (NNSS) aprobadas defi

    nitivamente polo dito concello o 26 de xuño de 1996 ao abeiro da lexislación anterior á Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo).

    Con posterioridade á dita aprobación entrou en vigor a Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG nº 252, do 31 de decembro), logo modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG nº 254, do 31 de decembro) (desde agora LOUGA).

  2. O expediente refírese a uns terreos de solo rústico, dunhas 61 hectáreas de superficie e situados moi próximos ao límite municipal co concello de Ordes, que as ditas NNSS consideran como solo non urbanizable reservado para vertedoiro (folla 70-1-1-04 do plan 1/5000 de ordenación do termo municipal), sen que nelas figure ningunha regulación específica para ese ámbito. Na actualidade, aos referidos terreos correspóndelles a clasificación e categoría de solo rústico especialmente protexido (protección de infraestruturas) por imperativo do disposto na letra g) do parágrafo 1 da disposición transitoria primeira e nos artigos 10, 15 e 32.c) da LOUGA.

    A proposta municipal aprobada provisionalmente afecta a unha pequena parte dese ámbito, unhas 4,1 hectáreas (fronte ás 40 hectáreas afectadas no proxecto sometido a informe previo á aprobación inicial), e ten por finalidade a reclasificación desa parte como solo urbanizable non delimitado de uso industrial, con destino a industrias con obxecto social relacionado co tratamento e reciclaxe de residuos en xeral.

  3. De conformidade co disposto na dita disposición transitoria primeira 1.g) da LOUGA, as modificacións do planeamento vixente á entrada en vigor desta lei deben axustarse ao disposto nela, polo que, consonte ao sinalado no seu artigo 93.4º), as modificacións de calquera dos elementos dos plans, proxectos, normas e ordenanzas suxeitaranse ás mesmas disposicións enunciadas para a súa tramitación e aprobación, sen prexuízo de que tamén deban cumprir as demais condicións e trámites que para o efecto prevé a citada lei en razón das pretensións que conteñan. Nese aspecto, cómpre ter en conta, entre outros, os seguintes particulares:

    1. Terminada a fase de elaboración da modificación, e inmediatamente antes da súa aprobación inicial, o concello someteu en dúas ocasións o expediente a informe preceptivo (artigo 85.1º da LOUGA) da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda (CPTOPV), sendo emitido o último informe o 20 de agosto de 2004, con observacións ao...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR