Resolución do 26 de xuño de 2006 pola que se convoca un curso para a obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyResolución

O artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril, pola que se dá nova redacción ao artigo 27 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, establece que a expedición do diploma de directivo pola Escola Galega de Administración Pública habilita para o desempeño dos postos de traballo de libre designación que así se determinen nas relacións de postos de traballo.

De conformidade co previsto no artigo único do Decreto 319/1996, do 26 de xullo, polo que se modifica o artigo 4 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, na redacción ofrecida polo Decreto 1/1995, do 12 de xaneiro, polo que se regula o diploma de directivos, convócanse dous cursos para a obtención do diploma de directivos de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitantes.

Serán requisitos necesarios para a realización do curso:

  1. Estar na data da convocatoria en posesión do título de licenciado ou diplomado universitario.

  2. Ser funcionario de carreira ou persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde dos grupos A ou B, en situación de servizo activo ou servizos especiais en calquera das administracións públicas existentes en Galicia.

  3. Ter prestado un mínimo de tres anos de servizos na Administración pública ou cinco no caso dos diplomados.

    Dous terzos do total das prazas convocadas (17 prazas) quedarán reservadas para o persoal da Administración autonómica que estea comprendido no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, así como para o persoal comprendido no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, que estea ocupando postos de traballo de xestión sanitaria que non teñan carácter asistencial.

    Ás prazas do terzo restante (8 prazas) poderá optar o seguinte persoal:

    -O restante persoal comprendido no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

    -O persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde.

    -O persoal docente ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

    -O persoal funcionario de calquera outra das restantes administracións públicas existentes en Galicia.

    No suposto de que as prazas reservadas a calquera dos grupos de persoal non chegasen a cubrirse na súa totalidade, as sobrantes acrecentarán o outro grupo.

    Segunda.-Criterios de selección.

    A selección dos aspirantes efectuaraa unha comisión designada para este efecto, de conformidade co previsto no artigo 6 do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, e constará de dúas fases:

    1. fase: valoración de méritos.

    A puntuación máxima desta fase será de 7 puntos e aplicarase o seguinte baremo:

    1. Por experiencia en posto que requirise o diploma de directivo segundo a relación de postos de traballo: 2,5 puntos.

      As fraccións de ano traballado nun posto poderanse acumular ao tempo traballado noutro posto. As datas de referencia, para os efectos do cómputo do tempo, serán as que figuran na dilixencia de toma de posesión e cesamento. Esta experiencia deberá ser certificada polo responsable do servizo de persoal do que dependa o solicitante, segundo o modelo oficial que se xunta.

    2. Por experiencia en posto directivo no ámbito da empresa privada: 1,5 puntos.

      A dita experiencia acreditarase mediante a presentación de copia compulsada do contrato laboral subscrito ou certificación do acordo de nomeamento expedido polo órgano competente segundo os seus estatutos, no caso de tratarse de sociedades.

    3. Pola posesión de cursos específicos para directivos impartidos por escolas ou institutos de Administración pública, nacionais ou estranxeiros, ou por entes privados: 0,50...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR