Resolución do 27 de marzo de 2006 pola que se anuncia convocatoria pública de axudas e subvencións ao sector escénico e musical para o 2006.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS
Rango de LeyResolución

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) é un organismo autónomo de carácter comercial, creado como servizo público de promoción cultural que ten por obxecto o desenvolvemento da política cultural en relación coa produción, promoción e difusión das artes escénicas e musicais, segundo o previsto no artigo 8 da Lei 4/1989, do 21 de abril, pola que se crea o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro) e 5 do Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da lei antedita; e pode realizar cantas actividades comerciais e industriais se requiran para o logro dos seus obxectivos, mesmo mediante a realización para estes efectos «de coproducións ou celebración de convenios e concertos con empresas artísticas de caracter profesional» (artigo 9 c)) da Lei 4/1989 e 6 c) do Decreto 107/1993), así como «celebrar convenios e concertos con institucións públicas e privadas para levar a cabo as tarefas da súa competencia» e, en xeral, «realizar accións de fomento

e difusión das artes escénicas e musicais, así como calquera outra iniciativa ou acción tendente á consecución dos obxectivos que se lle atribúen» (artigo 9, alíneas h), i) e j) da devandita lei, e 6 h), i) e j) do dito decreto de desenvolvemento).

A política do IGAEM ten unha dobre vertente, en canto que promoción da cultura de Galicia en materia de artes escénicas e musicais e en canto que servizo público aos cidadáns de fomento do acceso á cultura. En calquera destas vertentes, a consecución dos seus fins está condicionada pola creación dunha industria galega do teatro, a danza e a música innovadora e competitiva. Por este motivo, as liñas de actuación do IGAEM deben prestar unha especial atención ao apoio e ao crecemento e consolidación das empresas do sector, e á constitución dun mercado das artes escénicas e musicais amplo e dinámico. Os eixes fundamentais da normativa reguladora das axudas e subvencións son os seguintes:

  1. A potenciación das políticas públicas de fomento das artes escénicas e musicais, que ten como principal compoñente o incremento do esforzo investidor do IGAEM, especialmente no tocante ás axudas á produción e á distribución, nas cales a dotación orzamentaria aumenta en máis do 50%, pasando de 673.000 euros a 1.025.000 euros.

  2. A apertura das convocatorias de axudas e subvencións ás empresas e creadores do ámbito da música e a danza. Aínda que esta apertura ten un carácter parcial, e deberá desenvolverse de forma progresiva nos próximos exercicios, o tratamento conferido á danza queda practicamente equiparado ao do teatro.

  3. O tratamento do teatro e do conxunto das artes escénicas como industria cultural, que se plasma na introdución por primeira vez nos criterios de selección dos proxectos da avaliación da viabilidade económica e o plan de marketing, distribución e captación de públicos.

  4. A atención á creación de emprego estable e de calidade no sector das artes escénicas, coa potenciación daquelas empresas e proxectos que xeran maiores niveis de emprego. A atención ao capital humano vese reforzada coa articulación dunha liña de bolsas de estudo e formación permanente para os profesionais do sector.

  5. A potenciación da nosa cultura, cunha valoración especial da creación de autores galegos actuais.

  6. O apoio á distribución exterior da produción escénica e musical, mediante axudas e subvencións para cubrir os gastos de desprazamento, transporte, aloxamento, manutención e outras axudas de custo, que permitan ás empresas do sector ofertar os seus espectáculos nas mesmas condicións económicas que na distribución interior.

  7. O establecemento dunha nova liña de axudas destinada a contribuír á mellora das dotacións técnicas das salas da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Con esta nova liña de axudas aténdese unha

    demanda reiterada das compañías de teatro, danza e música que participan de forma regular na programación da Rede, coa finalidade de garantir o mellor servizo.

  8. A articulación mediante convocatoria pública de subvencións das liñas de apoio á actividade asociativa, universitaria e non profesional no ámbito das artes escénicas e musicais, así como das bolsas de estudo e investigación, co obxecto de garantir o cumprimento dos principios de publicidade e concorrencia competitiva.

    Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, o Consello Reitor do IGAEM aprobou na súa xuntanza do 31 de marzo de 2006, a convocatoria pública e xeral das axudas e subvencións ás persoas, naturais ou xurídicas, e ás compañías ou empresas galegas profesionais no sector escénico e musical para o 2006, e de acordo coas seguintes bases:

    Capítulo I

    Ámbito e réxime de axudas

    Primeira.-Obxecto, finalidade, principios de xestión e ámbito de aplicación.

  9. A presente resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, ten por obxecto fixar as bases, en réxime de concorrencia competitiva, que regularán o réxime de axudas e subvencións establecidos polo IGAEM para contribuír ao mantemento e consolidación do teatro, da danza e da música, a través da potenciación das diversas actividades que se desenvolvan nestes sectores, dentro do marco das competencias deste organismo; procedéndose á súa convocatoria para o presente ano 2006.

  10. As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ao disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto-lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006; no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia e nesta resolución; e, con carácter supletorio, no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

  11. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

    1. Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

    2. Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola administración outorgante.

    3. Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

    Segunda.-Beneficiarios.

  12. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nas presentes bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas que cumpran cos requisitos específicos que se sinalan nesta resolución para cada modalidade de axuda, e que desenvolvan as actuacións previstas para cada caso ao longo do ano 2006. Concretamente, poderán ser beneficiarias e solicitar estas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, de natureza pública ou privada, calquera que sexa a forma que adopten, incluídos autónomos e sociedades civís e as comunidades de bens -aínda que carezan de personalidade xurídica, debendo nomear neste caso un representante ou apoderado único da agrupación-, e que reúnan os requisitos de cualificación técnica e profesional precisos para o desenvolvemento do proxecto ou traballo que se presente a esta convocatoria. En ningún caso poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei xeral de subvencións.

  13. Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións que se establecen nos termos previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como o artigo 78.4º do Decreto-lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro.

    En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estar incursos en tales circunstancias, consonte co modelo establecido no anexo II desta convocatoria.

    Capítulo II

    Modalidades de axuda: normas xerais

    Terceira.-Réxime regulador, modalidades de axuda, imputación de créditos e contía de cada modalidade.

  14. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase a través do réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos criterios de valoración fixados na presente convocatoria para cada tipo ou modalidade de axuda.

  15. As axudas convocadas imputaranse con cargo ao crédito que se sinala e a súa concesión estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. O seu pagamento financiarase con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determinen anualmente, logo da aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio correspondente.

  16. As modalidades de axuda que comprende a presente convocatoria son as que seguen:

    1. Axudas á produción.

      a.1. Axudas á nova creación.

      a.2. Axudas para a realización de producións de teatro de actor e de títeres.

      a.3. Axudas á produción da danza.

    2. Axudas á distribución.

    3. Axudas ás dotacións e investimentos para a Rede Galega de Teatros e Auditorios.

    4. Axudas á programación de salas de teatro e artes escénicas -salas alternativas-.

    5. Axudas para a actividade asociativa, universitaria e non profesional no ámbito das artes escénicas e musicais.

    6. Axudas ao estudo e á investigación.

  17. O importe global máximo das axudas anteriormente detalladas será de 1.520.000 A (un millón cincocentos vinte mil euros); suma que irá con cargo ás aplicacións orzamentarias 12.90.354A.480.0 (no suposto da modalidade F), e 12.90.354A.640.1 do exercicio de gastos do IGAEM, previstos inicialmente para o vixente período orzamentario.

    Estas contías están recollidas na Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, teñen carácter anual e constitúen o importe global das aplicacións para o financiamento da presente convocatoria de axudas.

  18. O importe global máximo previsto no punto anterior distribuirase entre as referidas modalidades de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR