Resolución do 22 de xuño de 2007 pola que se procede á modificación das normas de xestión académica, a súa refundición e publicación no Diario Oficial de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Rango de LeyResolución

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, na súa sesión do 20 de xuño de 2007, procedeu á modificación das normas de xestión académica, ao abeiro do cal esta reitoría

RESOLVE:

Único.-Refundir nun documento único como normas de xestión académica o texto refundido aprobado pola resolución reitoral do 12 de novembro de 1998 (DOG do 14 de xaneiro de 1999), coas modificacións acordadas pola Xunta de Goberno nas súas sesións do 22 de decembro de 1998, 11 de febreiro de 1999, 15 de marzo de 1999, 22 de decembro de 1999, 7 de abril de 2000, 26 de xullo de 2001, 15 de novembro de 2001, Consello de Goberno do 10 de xullo de 2003, 22 de decembro de 2003, 5 de febreiro de 2004, 22 de xuño de 2004 e 7 de xuño de 2007, e ordenar a súa publicación no DOG.

O texto refundido incorpórase como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2007.

Senén Barro Ameneiro

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Norma preliminar

As normas de xestión académica aprobadas por este acordo son para aplicar aos plans de estudos conducentes a titulacións oficiais.

Este acordo será de aplicación subsidiaria a calquera outro procedemento de xestión académica, bolsas, e, en xeral, a todo procedemento no que o interesado teña a condición de alumno tanto de estudos conducentes a títulos oficiais como de estudos conducentes a títulos propios.

TÍTULO I

Matrícula

  1. Matrícula na Universidade de Santiago de Compostela.

    Todos os alumnos que pretendan iniciar ou continuar estudos de primeiro, segundo, ou terceiro ciclo na Universidade de Santiago de Compostela, unha vez admitidos, deberán formalizar a matrícula de acordo coas normas que se fixan neste acordo. Igualmente deberán formalizar a matrícula os alumnos admitidos ou os que reúnan os requisitos para a realización de probas, prácticas, seminarios, actividades académicas e para a colación de graos.

    A matrícula dos alumnos visitantes regularase por estas normas no non disposto na súa normativa propia.

  2. Matrícula ordinaria.

    2.1. Obxecto da matrícula ordinaria.

    Deberán formalizar matrícula ordinaria todos os alumnos que cursen estudos conducentes á obtención dun título universitario oficial con validez en todo o territorio nacional (doutor, licenciado, diplomado, arquitecto, arquitecto técnico, enxeñeiro e enxeñeiro técnico).

    2.2. Limitacións para a formalización da matrícula.

    Os alumnos poderán formalizar a matrícula ordinaria no número de materias que desexen e consonte as limitacións que se establecen a seguir:

    2.2.1. Matrícula no primeiro curso. Os alumnos que inicien estudos deberán formalizar obrigatoriamente a matrícula como mínimo en sesenta créditos entre materias troncais, obrigatorias ou optativas, das adscritas ao primeiro curso se a titulación se estructurara en cursos ou, no seu defecto, das adscritas ao primeiro ciclo.

    No suposto de que non se ofrecesen máis de 60 créditos no primeiro curso, o alumno deberá formalizar a matrícula na totalidade de créditos que compoñan o primeiro curso.

    -sta limitación non é de aplicación para os seguintes alumnos:

    -Alumnos que accedan aos segundos ciclos que non son continuación directa dun primeiro ciclo superado, ou por teren título que lles recoñeza o acceso.

    -Alumnos aos que lles fora recoñecida adaptación ou validación.

    2.2.2. Alumnos bolseiros.

    Os alumnos que desfruten ou vaian solicitar bolsa terán en conta o número de créditos ou materias exixidas pola convocatoria.

    2.2.3. Impedimentos establecidos nos plans de estudo.

    1. Prerrequisitos. Non se poderá formalizar matrícula nas materias que, consonte os plans de estudo, teñan establecidos materias prerrequisito, de non terse matriculado previa ou simultaneamente nesta última.

    2. Acceso aos segundos ciclos. Non se poderá formalizar a matrícula en ningunha materia do segundo ciclo de non reunir os requisitos que establezan os plans de estudo para o acceso ao segundo ciclo excepto naquelas materias que lle sexan adaptadas ou validadas e pertenzan a este segundo ciclo.

    2.3. Impedimentos de matrícula ordinaria.

    2.3.1. O alumno que inicia estudos nunha titulación deberá superar un mínimo de 30 créditos nun máximo de tres cursos académicos. De non facelo, non poderá continuar estes estudos na USC. A partir do primeiro curso inicial deberá matricularse polo menos dos créditos que lle falten para superar o mínimo establecido.

    Esta limitación non é de aplicación aos alumnos que xa estean en posesión dunha titulación universitaria.

    2.3.2. Materias con convocatorias esgotadas. Aqueles alumnos que esgoten as convocatorias legais en calquera materia non poderán formalizar matrícula nestas pero si naqueloutras nas que non esgotasen as convocatorias.

    2.3.3. Simultaneidade de estudos. Non poderán formalizar a matrícula nunha segunda titulación os alumnos que non cumpran os requisitos establecidos neste acordo para a simultaneidade de estudos.

    2.3.4. Matrícula en titulacións en proceso de extinción. Non procederá a matrícula para alumnos de novo ingreso en titulacións que estivesen en proceso de extinción agás que tras os procesos de validación ou adaptación, resulte que teñen superadas todas as materias que estean extintas. Para continuación de estudos rexerá o disposto para a admisión de traslados.

    Os alumnos adaptados a un novo plano de estudos non poderán, en ningún caso, formalizar matrícula en materias do plano de procedencia.

    2.3.5. Sen prexuízo do disposto para as materias de nivelación, os alumnos que se matriculen por primeira vez nunha titulación non poderán solicitar nin cursar materias para seren imputadas como de libre configuración curricular. Non obstante, poderán solicitar o recoñecemento ou validación de créditos para a libre configuración curricular de materias, seminarios ou actividades académicas que os alumnos tivesen realizado. Este recoñecemento non significa ter cumpridos os requisitos do punto 2.3.1 destas normas.

    Esta limitación non é de aplicación para os seguintes alumnos:

    -Alumnos que formalicen a matrícula no primeiro curso de titulacións de só segundo ciclo.

    -Alumnos que accedan aos segundos ciclos que non son continuación directa dun primeiro ciclo superado, ou por teren un título que lles recoñeza o acceso.

    -Alumnos aos que lles fora recoñecida adaptación ou validación.

  3. Matrículas suxeitas á preselección ou autorización previa.

    3.1. Materias de libre elección.

    Os alumnos que pretendan cursar materias para os efectos de libre configuración curricular someteranse aos procedementos de selección para optar a aquelas materias que, con este fin, ofreza a universidade.

    A solicitude e matrícula para cursar materias de libre elección realizarase nos prazos que se establezan na convocatoria da matrícula.

    As materias en que se formalice matrícula de libre elección estarán sometidas ao réxime de prelacións ou prerrequisitos que estableza o plano de estudos ao que pertenzan.

    3.2. Créditos por equivalencia.

    A formalización da matrícula en créditos por equivalencia realizarase tras a acreditación ou autorización para a súa realización. A matrícula nestas materias realizarase conxuntamente coa do resto das materias, e no momento que sexa convocado para iso, ou no prazo de dez días desde a resolución que seleccione os alumnos se non coincidise co período de matrícula.

    A matrícula en créditos por equivalencia reportará os prezos dos créditos que se vaian imputar.

    1. Traballos academicamente dirixidos que figuran como materias: a formalización de matrícula non terá outros límites que os que deriven do plano de estudos.

    2. Traballos academicamente dirixidos por créditos por equivalencia.

  4. No suposto de que o traballo se impute a unha materia, o alumno deberá formalizar a matrícula na materia de que se trate.

  5. No suposto de que se apliquen como de libre configuración, deberá formalizar a matrícula en tantos créditos como sexa valorado o traballo.

    Dos alumnos seleccionados para a realización de traballos academicamente dirixidos darase conta, mediante certificación do secretario do centro, á Unidade de Xestión Académica correspondente.

    3.3. Estadías de farmacia (prácticas tuteladas).

    3.3.1. Alumnos de planos non renovados. Poderán solicitar a realización das estadías os alumnos aos que lles falte un máximo de dúas materias para rematar os estudos e tivesen formalizado a matrícula nesas materias.

    A matricula formalizarase nos tres días seguintes aos da adxudicación de localidade polo centro segundo o procedemeto establecido.

    3.3.2. Alumnos de planos renovados. Os alumnos que estean cursando a titulación consonte o plano de 1994 para poder matricularse das estadías deberán ter superados 300 créditos do total do plan de estudos e 285 créditos os alumnos matriculados no plano de 1999.

    3.4. Rotatorio da licenciatura de medicina e cirurxía.

    Poderanse matricular no prazo ordinario de matrícula os alumnos de sexto curso sen materias pendentes, con materias pendentes non-homólogas, e aqueles alumnos que no momento da incorporación ao hospital teñan pendentes dúas materias como máximo homólogas ás do rotatorio.

    Os alumnos que teñan máis de 2 materias homólogas ás do rotatorio pendentes e as superen na convocatoria extraordinaria deberán solicitar a ampliación da súa matrícula nas materias do rotatorio antes do 15 de marzo.

    A selección e a adxudicación de prazas nos hospitais realizaraa a Facultade de Medicina e consonte os criterios e prazos que estableza.

    3.5. Practicum.

    A selección e adxudicación de destino dos alumnos que deban ou soliciten realizar o practicum e que figuren nos planos de estudo realizarase de acordo cos procedementos que fixen os centros.

  6. Convenios internacionais.

    4.1. Alumnos da Universidade de Santiago que pretendan cursar estudos nunha universidade estranxeira en virtude dun convenio internacional de cooperación deberán formalizar a matrícula ordinaria nesta universidade dentro dos prazos que se fixen con carácter xeral.

    Os estudos realizados en virtude dos convenios serán obxecto de recoñecemento por parte dos...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR