Decreto 151/2006, do 31 de agosto, polo que se aproba a modificación dos estatutos do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A necesidade de dar unha resposta eficaz do servizo contra incendios e salvamento fai necesaria unha organización axeitada deste en todo o territorio galego. Con este obxectivo, a Xunta de Galicia, no seu día, elaborou o Plan Galego de Dotación de Parques contra Incendios Urbanos, baseado en criterios de racionalidade técnica e económica, que permitira dotar a Comunidade Autónoma dun servizo integrado de extinción de incendios, garantindo este servizo en toda Galicia, baixo condicións aceptables, en función do risco e da dificultade técnica da extinción de incendios.

En consecuencia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do sete de xullo de dous mil un, acordou participar no Consorcio Provincial da Coruña para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, segundo o disposto no artigo 196.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Con posterioridade, o Consello da Xunta de Galicia aprobou os estatutos do referido consorcio, mediante o Decreto 258/2002, do 30 de xullo.

Agora, para alcanzar unha maior axilidade na xestión e eficacia na prestación do servizo, así como co obxecto de adecualo á nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia, cómpre proceder á modificación parcial dos estatutos que rexen o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, fundamentalmente no que se refire aos seus órganos de goberno e á súa sede.

Esta modificación fíxose segundo as normas de procedemento establecidas nos artigos 151.2º e 143 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Polo exposto, en aplicación do artigo 196.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de agosto de dous mil seis,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobar a modificación dos artigos 2.1º, 4.1º, 6.1º, 9, 11, 16.1º e 19.2º dos estatutos do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, sendo o texto deles...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR