Decreto 168/2007, do 30 de agosto, polo que se aproba a modificación dos estatutos do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca de Verín.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

A necesidade de darlle unha resposta eficaz ao servizo de prevención e extinción de incendios na Comunidade Autónoma de Galicia fai necesaria unha organización común e axeitada deste servizo en todo o territorio galego con este fin, a Xunta de Galicia levou a cabo, no seu día, o Plan galego de dotación de parques contra incendios urbanos baseado en criterios de racionalidade técnica e económica que permitiría dotar a comunidade autónoma dun servizo integrado de prevención e extinción de incendios e que, xunto coa restante normativa de aplicación, garante a prestación do devandito servizo en condicións aceptables en toda Galicia.

O Consorcio para o Servizo contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín foi constituído mediante Decreto 288/2000, do 16 de novembro, e participan nel a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e os concellos desa comarca.

Con data 3 de xullo de 2006, o Pleno do Consorcio acorda iniciar o procedemento de modificación dos seus estatutos. A reforma afecta os artigos 9 e 14 dos estatutos polos que se rexen, que regulan o Pleno e a figura do xerente, respectivamente.

O procedemento de modificación dos consorcios, está regulado nos artigos 151.2º e 143 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. En cumprimento do disposto nos citados preceptos, o presidente do Consorcio para o Servizo contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín remitiulle á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a documentación relativa a súa modificación.

Examinada a dita documentación, considérase que a tramitación da modificación estatuaria seguiu o procedemento legalmente previsto para tal fin.

En síntese, para a adopción do acordo de modificación deste consorcio observouse a seguinte tramitación:

-O Pleno do Consorcio acorda iniciar o procedemento de modificación dos seus estatutos, na súa sesión do 3 de xullo de 2007.

-O referido acordo someteuse a información pública polo prazo dun mes, mediante edicto publicado no BOP de Ourense núm. 181, do 8 de agosto de 2006, e simultaneamente remitiúselle á Deputación Provincial de Ourense e á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para o seu informe durante...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR