Decreto 51/2006, do 23 de marzo, polo que se autoriza a implantación de estudos oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro (BOE do 19 de xaneiro, DOG do 17 de febreiro de 1988), transferiulle á Comunidade Autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola Comunidade Autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo (DOG do 8 de abril).

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, no artigo 8.2º, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola Comunidade Autónoma, ben por proposta do Consello Social ou ben por propia iniciativa co acordo do referido consello, en todo caso, logo de informe do Consello de Goberno da universidade.

No uso da autorización outorgada ao Goberno polo artigo 88.2º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, ditouse o Real decreto 56/2005, do 21 de xaneiro, polo que se regulan os estudos universitarios oficiais de posgrao. Estes estudos de posgrao teñen como finalidade a especialización do estudante na súa formación académica, profesional ou investigadora e articúlanse en programas integrados polas ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de máster ou doutor. Este real decreto regula o marco xurídico das ensinanzas de posgrao, en consonancia coas liñas xerais emanadas do Espazo Europeo de Educación Superior. No artigo 5, modificado polo Real decreto 1509/2005, do 16 de decembro, establécese que a implantación dos programas oficiais de posgrao será acordada pola comunidade autónoma correspondente, de acordo co que establece o artigo 8.2º da Lei orgánica de universidades.

No ámbito autonómico, esta materia está regulada no Decreto 259/1994, do 29 de xullo (DOG do 16 de agosto), polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia. No seu artigo 3.1º establécese que a autorización para a implantación de estudos no ámbito territorial propio da comunidade autónoma será feita mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta do Consello Social da universidade galega xa autorizada e logo do informe do Consello Galego de Universidades.

Baixo a formulación xeral exposta, neste decreto considérase a implantación de estudos conducentes aos títulos de máster no sistema universitario de Galicia, unha vez cumpridos xa todos os requisitos previos ao acto formal de autorización por parte da Xunta de Galicia.

A construción dun Espazo Europeo de Educación Superior, organizado polos principios de calidade, mobilidade, diversidade e competitividade, oriéntase á consecución...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR