Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyDecreto

Na data do 11 de marzo de 1999 o Consello da Xunta de Galicia acordou, en base ao disposto no artigo 4 do Real Decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír e garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e de flora e fauna silvestre, a remisión á Unión Europea dunha relación de lugares incluídos na proposta galega para a Rede Europea Natura 2000.

A proposta galega á Rede Europea Natura 2000 prevé unha serie de lugares para os que é necesario aplicar o marco legal previsto na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza. Esta necesidade de protección deriva da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, transposta ao dereito español, a través do Real decreto 1997/1995 que establece a obriga de manter -ou se é o caso restablecer- nun estado de conservación favorable, os tipos de hábitats naturais e taxones que formen parte de cada proposta, até mentres a Unión Europea non aprobe definitivamente os listados de Lugares de Importancia Comunitaria; así mesmo tamén se incluirán as Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) declaradas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, regula no seu artigo 16, a Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, definíndoa como aqueles espazos que polos seus valores ou intereses naturais, culturais, científicos, educativos ou paisaxístico sexa necesario asegurar a súa conservación e non teñan outra protección específica. O parágrafo terceiro deste artigo dispón ademais que nesta zona se incluirán tamén as zonas especiais de conservación que conforman a Rede Natura 2000, creada ao abeiro das Directivas 79/409/CEE e 92/43/CEE, e que non teñan outra figura de protección das previstas nesta lei.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, e logo da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día dous de abril de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo 1º Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.
  1. Decláranse como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais os espazos naturais que se relacionan a continuación e que se identifican nos anexos deste decreto:

    1. Anexo I: zonas propostas como Lugares de Importancia Comunitaria para formar parte da rede Natura 2000.

    2. Anexo II: lugares declarados como Zona de Especial Protección para as Aves consonte a Directiva 79/409/CEE, relativa á conservación das aves silvestres.

  2. De conformidade co artigo 10.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, os espazos naturais incluídos na figura de Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais intégranse na Rede galega de espazos protexidos.

Artigo 2º Usos e actividades.
  1. De acordo co establecido no artigo 16.2º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, os usos e actividades que se viñan realizando nestes espazos e que non vulneren os seus valores naturais, pódense seguir levando a cabo, do xeito tradicional.

  2. A realización de actividades non previstas anteriormente, e que poidan poñer en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos requirirán autorización previa da Consellería de Medio Ambiente.

Artigo 3º Réxime cinexético.

As Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais manterán o réxime cinexético que tiñan antes da súa declaración, sen prexuízo de que os instrumentos de planificación que se é o caso se elaboren, dispoñan outra cousa.

Disposicións adicionais

Primeira.-Habilítase a Consellería de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR