DECRETO 191/2012, do 6 de setembro, polo que se dispón a substitución de dous membros do Consello Escolar de Galicia.

SecciónII. Autoridades e Persoal
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyDecreto

De conformidade co disposto nos artigos 4, 5 e 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e no artigo 16.1, letra c), do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia; atendendo á designación formalizada pola Confederación Galega de Asociación de Pais de Alumnos (Congapa), por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do seis de setembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia:

  1. En representación da Administración educativa, José Luis Mira Lema.

  2. En representación dos pais de alumnos do ensino privado, María Inés Gómez Otero (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos, Congapa).

Artigo 2

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia:

  1. En representación da Administración educativa, María del Carmen Cimadevila Cea.

  2. En representación dos pais de alumnos do ensino privado, Jorge Javier Villarino Rey (Confederación Galega de Asociacións de Pais de Alumnos, Congapa).

Artigo 3

O mandato dos novos membros será ata que se proceda á legal renovación por metades que establece o artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia.

Disposición derradeira.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de setembro de dous mil doce

Alberto Núñez FeijóoPresidente

Jesús Vázquez AbadConselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Ir á sección Ir á seguinte

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR