Decreto 385/2009, do 27 de agosto, polo que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao nas universidades do sistema universitario de Galicia para o curso 2009-2010.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, establece como competencia plena da Comunidade Autónoma de Galicia a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

O Real decreto 1754/1987, do 18 de decembro, transferiulle á comunidade autónoma competencias en materia de universidades. Estas competencias foron asumidas pola comunidade autónoma e asignadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no Decreto 62/1988, do 17 de marzo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, establece no seu artigo 8.2º que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola comunidade autónoma, ben por propia iniciativa, co acordo do Consello de Goberno da Universidade, ben por iniciativa da universidade mediante proposta do Consello de Goberno, en ambos os casos con informe previo favorable do Consello Social.

O artigo 35.2º da Lei orgánica 6/2001 establece que, ademais do recollido no parágrafo anterior, as universidades deberán obter a verificación do Consello de Universidades de que o oportuno plan de estudos se axusta ás directrices e condicións establecidas polo Goberno, na sua virtude, o Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, estableceu a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. A verificación positiva das titulacións que se autorizan neste decreto foi acordada previamente polo Consello de Universidades.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia, e o Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, e no Consello Galego de Universidades do 5 de novembro de 2007 acordáronse unhas liñas xerais para a implantación dos estudos de grao e de posgrao no sistema universitario de Galicia.

No artigo 3 do Decreto 259/1994, do 29 de xullo, establécese que a autorización para a implantación de estudos no ámbito territorial propio da comunidade autónoma farase por decreto do Consello da Xunta de Galicia. Previamente terá que emitir informe o Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 5. j) da Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades.

Baixo a formulación xeral exposta, neste decreto autorízase a implantación de estudos conducentes aos títulos de grao no Sistema Universitario de Galicia (SUG), unha vez cumpridos todos os requisitos previos ao acto formal de autorización por parte da Xunta de Galicia.

O deseño da nova oferta de titulacións e especialidades no Sistema Universitario de Galicia, ademais de perseguir o obxectivo irrenunciable da transmisión do coñecemento, debe enmarcarse nun sistema máis aberto, diverso e versátil, que permita e favoreza unha mellor adaptabilidade a unha realidade laboral cambiante en exixencias e capacidades e que facilite e promova a formación ao longo da vida que demanda a sociedade actual.

O proceso de implantación dos novos títulos de grao debe permitir o deseño dunha oferta global cun eficiente aproveitamento dos recursos -os existentes e aqueles que será necesario dotar para a adaptación ao Espazo Europeo de Ensino Superior- para mellorar a calidade do SUG. É necesario tender a unha oferta o máis completa e versátil posible e, ao mesmo tempo, diminuír as repeticións dentro do SUG e eliminar as redundancias dentro dunha mesma universidade.

Nas citadas liñas xerais fixouse que, na segunda fase, ademais das titulacións que se imparten nun único campus e cumpren plenamente os requisitos establecidos polo Consello Galego de Universidades, poderán adaptarse e, polo tanto, solicitar a verificación e a autorización para seren implantadas no curso 2009-2010, as restantes titulacións que cumpran os criterios de demanda, especialización ou acordo entre universidades.

Por todo isto, en aplicación do artigo 8.2º da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e do artigo 3.3º do Decreto 259/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o procedemento para a creación e recoñecemento de universidades, centros universitarios e autorización de estudos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta dos consellos de goberno das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, co informe previo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR