Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorPRESIDENCIA
Rango de LeyDecreto

Elixido e investido polo Parlamento de Galicia dos poderes propios do presidente da Xunta de Galicia, segundo o Estatuto de autonomía, conforme o disposto nos artigos 15 e 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26, número 1º, do mesmo texto legal, e para establecer a nova estrutura orgánica do Goberno de Galicia, con adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da Comunidade Autónoma, e tendo en conta os criterios de eficacia, austeridade e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Xunta de Galicia estará integrada polos departamentos que a seguir se relacionan:

-Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Consellería de Facenda.

-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

-Consellería de Economía e Industria.

-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Consellería de Sanidade.

-Consellería de Cultura e Turismo.

-Consellería de Traballo e Benestar.

-Consellería do Medio Rural.

-Consellería do Mar.

Artigo 2º

A orde de prelación das consellerías é a que se establece no artigo anterior.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O Consello da Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias para adecuar a estrutura dos distintos organismos obxecto de regulación deste decreto, dentro da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR