DECRETO 32/2014, do 6 de marzo, polo que se modifica o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Rango de LeyDecreto

En virtude do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, publicado o 6 de marzo de 2013, establécese a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar. O dito decreto foi modificado en virtude do Decreto 113/2013, do 24 de xullo, coa inclusión dunha nova disposición adicional para os efectos de determinar a adscrición de determinados órganos e a atribución das competencias derivadas do referido Decreto 42/2013, do 21 de febreiro.

Durante o tempo transcorrido púxose de manifesto a necesidade de introducir algunhas modificacións co obxecto de concretar e redistribuír as funcións no ámbito da Secretaría Xeral Técnica e reforzar as de coordinación cos demais órganos da consellería e coas súas xefaturas territoriais. Así, crease un novo órgano directivo na dita secretaría xeral técnica, con rango de subdirección xeral, que asumirá as funcións de coordinación administrativa, así como as de asistencia técnico-xurídica ata agora atribuídas á Vicesecretaría Xeral, sen prexuízo das que correspondan a este órgano.

En consecuencia, baixo os principios de austeridade, eficacia e eficiencia no deseño e funcionamento da Administración pública, procede agora aprobar a modificación da estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, tendo en conta o disposto no capítulo II do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.4 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, co informe previo da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis marzo de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar

O Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, queda modificado como segue:

Un. O número 1 do artigo 6 queda redactado do seguinte xeito:

1. Para o desenvolvemento das súas funcións, a Secretaría Xeral Técnica contará cos seguintes órganos:

a) Vicesecretaría Xeral.

b) Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa.

c) Subdirección Xeral de Persoal.

d) Subdirección Xeral de Contratación e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR