DECRETO 12/2012, do 4 de xaneiro, polo que se establecen os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

O Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, estableceu a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, co fin de adaptala ás necesidades que o momento actual aconsella acometer, fundamentadas nos criterios de eficacia, economía e austeridade que inspiran a actuación e a organización administrativa.

En virtude dos criterios arriba indicados, procede agora establecer os órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia que, pola súa importancia e natureza, procede que queden adscritos funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 4.15.º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do catro de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo único
  1. Dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza os seguintes órganos superiores e de dirección:

  1. Secretaría Xeral da Presidencia:

    1.1. Dirección Xeral do Gabinete da Presidencia.

  2. Asesoría Xurídica Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral.

  3. Secretaría Xeral de Medios, á cal estará adscrito o ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

    3.1. Dirección Xeral de Comunicación.

  4. Secretaría Xeral da Igualdade.

  5. Secretaría Xeral da Emigración.

  6. Secretaría Xeral para o Deporte.

  7. Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

  8. Secretaría Xeral para o Turismo.

    Disposición adicional.

    Non será preciso un novo nomeamento e toma de posesión da persoa titular da Secretaría Xeral para o Turismo, adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia polo presente decreto.

    Disposición transitoria primeira.

    Os órganos dependentes da Secretaría Xeral para o Turismo manterán a súa estrutura e funcións ata que se regule por decreto a nova estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, debendo entenderse que as referencias contidas nas disposicións adicionais primeira e segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, resultan de aplicación á Secretaría Xeral para o Turismo. Os órganos periféricos da Secretaría Xeral para o Turismo dependerán funcionalmente da Secretaría...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR