Decreto 61/2004, do 25 de marzo, polo que se crea o centro residencial de atención a persoas maiores Volta do Castro, no concello de Santiago de Compostela.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyDecreto

O artigo 27.23º do Estatuto de autonomía para Galicia, en concordancia co artigo 148.1º 20 da Constitución Española, establece a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma no ámbito da asistencia social.

En virtude desta atribución competencial, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, pola que se ordenan e regulan os aspectos básicos dun sistema integrado de servizos sociais como servizo público da Comunidade Autónoma de Galicia, estruturado en dous niveis de atención: primaria e especializada.

A dita norma veu regular os servizos sociais de atención especializada dirixidos ao colectivo de persoas maiores e establecer determinados programas e equipamentos, entre os que figuran as residencias e os centros de atención diúrna, encamiñados a acadar a atención integral, a autonomía persoal e a participación social deste sector poboacional.

En desenvolvemento da lei, e co fin de garantir a adecuada prestación dos servizos, controlar a calidade da atención e recoñecer os dereitos e deberes dos usuarios, aprobouse o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, de autorización e acreditación de centros de servizos sociais. Esta disposición regula a obrigatoriedade de obter autorización administrativa previa para a creación ou modificación dos equipamentos sociais, así como para o inicio ou cesamento das súas actividades, especificando os requisitos xerais que eles deben cumprir.

Neste sentido, segundo o disposto no artigo 29 da Lei 4/1993, de servizos sociais, e no artigo 6 do Decreto 243/1995, para a creación de centros de servizos sociais propios da Administración autonómica, será necesaria unha norma con rango de decreto.

En consecuencia, por proposta da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de marzo de dous mil catro,

DISPOÑO:

Artigo único Créase o centro residencial de atención a persoas maiores Volta do Castro, no concello de Santiago de Compostela.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para o desenvolvemento e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR