Decreto 248/2003, do 24 de abril, polo que se modifica o Decreto 278/2002, do 12 de setembro, do mapa farmacéutico e delimitación territorial para a autorización de novas oficinas de farmacia conforme módulos de poboación.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE
Rango de LeyDecreto

O 27 de setembro de 2002 publicouse no DOG nº 187 o Decreto 278/2002, do 12 de setembro, do mapa farmacéutico e delimitación territorial para a autorización de novas oficinas de farmacia conforme módulos de poboación. O devandito decreto ten por obxecto publica-lo mapa farmacéutico de Galicia, planifica-la autorización de novas oficinas de farmacia, así como fixa-la delimitación territorial concreta na que poidan establecerse as novas oficinas de farmacia en cada zona farmacéutica.

O devandito decreto consta de tres anexos: anexo I, mapa farmacéutico que comprende as zonas farmacéuticas urbanas, semiurbanas e rurais; anexo II, planificación da apertura de oficinas de farmacia e anexo III, planificación da delimitación territorial das novas oficinas de farmacia, indicando a área de saúde; zona farmacéutica e o seu número de habitantes; parroquias e o seu número de habitantes, tanto por cento de habitantes respecto da zona farmacéutica, centros sanitarios, oficinas de farmacia abertas e novas, así como o criterio de delimitación territorial empregado.

Non obstante, os datos publicados nos anexos do devandito decreto deben ser actualizados polo que respecta a tres zonas farmacéuticas.

En primeiro lugar, vese afectada a zona farmacéutica de Ames, posto que o Pleno do Consello Xeral de colexios oficiais de Farmacéuticos de España, na súa sesión celebrada os pasados días 25 e 26 de setembro, adoptou a autorización firme en vía administrativa dunha nova oficina de farmacia na parroquia de Ames, lugar de Augapesada, ó abeiro do artigo 3.1º b) do Real decreto 909/1978, do 14 de abril, que foi comunicada posteriormente á Consellería de Sanidade polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña.

Polo tanto, vense afectados os datos publicados para a zona farmacéutica de Ames no anexo I (mapa farmacéutico), no que se refire ás oficinas de farmacia autorizadas, debendo figurar seis oficinas de farmacia autorizadas en lugar de cinco.

Así mesmo, debe modificarse a planificación da apertura de novas oficinas de farmacia para esta zona farmacéutica publicada no anexo II (planificación apertura de oficinas de farmacia), dado que ó existiren na actualidade seis...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR