Decreto 75/2007, do 19 de abril, polo que se autoriza a separación do Concello de Cospeito da agrupación constituída polos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei e se reordena a agrupación voluntaria dos concellos de Castro de Rei e Outeiro de Rei, da provincia de Lugo, para o sostemento en común do posto de interventor.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyDecreto

Mediante Decreto 222/1991, do 20 de xuño, apróbase a agrupación voluntaria dos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei, da provincia de Lugo, para sostemento en común da praza de interventor, publicado no Diario Oficial de Galicia do 28 de xuño de 1991.

Os concellos de Castro de Rei e Outeiro de Rei, en sesións plenarias que tiveron lugar os días 15 e 9 de xuño de 2006, respectivamente, acordan aprobar definitivamente o expediente polo que se acepta a separación solicitada polo Concello de Cospeito da agrupación dos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei constituída polo Decreto 222/1991, se reordena a agrupación dos concellos de Castro de Rei e Outeiro de Rei para o sostemento en común do posto de interventor e se autoriza a modificación dos estatutos reitores da dita agrupación. En consecuencia, en virtude dos acordos plenarios do 22 e 26 de decembro de 2006 dos concellos de Castro de Rei e Outeiro de Rei, acórdase a aprobación definitiva do Proxecto de estatutos que rexerán a agrupación voluntaria dos concellos de Castro de Rei e Outeiro de Rei para o sostemento en común do posto de interventor.

O Concello de Cospeito, en sesión plenaria que tivo lugar o día 29 de setembro de 2006, aproba definitivamente a modificación do cadro de persoal e relación de postos de traballo, creando o posto

de interventor da corporación, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional. A dita corporación fundamenta a súa separación da agrupación e a creación do posto de interventor na memoria subscrita polo concello o 19 de marzo de 2007, na cal se pon de manifesto que as dificultades de cobertura do posto en réxime de acumulación e o volume de traballo xerado requiren na actualidade unha praza de intervención en exclusividade para a corporación.

No expediente seguíronse os trámites previstos nos artigos 165 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e artigos 2 e 3 do Real Decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional.

Consta no expediente o informe favorable da Delegación do Goberno en Galicia, así como que se solicitou informe á Deputación Provincial de Lugo e que non foi recibido...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR