Resolución do 23 de xuño de 2006 pola que se convoca un concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DA CORUÑA
Rango de LeyResolución

Ao estaren vacantes diversos postos de traballo desta universidade, esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 36 dos estatutos da universidade, aprobados polo decreto da Xunta de Galicia 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), en relación co artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e de acordo co que dispón o artigo 20.10º a) da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o Decreto 93/1991, da Xunta de Galicia, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE do 10 de abril), que aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, a Resolución do 2 de agosto de 2005 da Universidade da Coruña que actualiza a relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos (DOG do 29 de agosto) e despois de se consultar a Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos, resolve convocar un concurso para cubrir os postos vacantes que se relacionan no anexo I desta resolución, así como os que resultaren vacantes no seu proceso de cobertura, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Requisitos e condicións de participación.

Poderán participar neste concurso todos os funcionarios de carreira das escalas de administración e servizos da Universidade da Coruña, así como o persoal laboral fixo que ocupe prazas catalogadas como de funcionarios, calquera que for a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme, así como os que pertenzan a corpos ou escalas xerais de calquera das administracións públicas que se acharen na data desta convocatoria prestando os seus servizos nesta universidade como funcionario de carreira, sempre que reuniren, na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación, as condicións e requisitos exixidos nesta convocatoria así como o establecido no artigo 9.2º do Decreto 93/1991, do 20 de marzo: «os funcionarios deberán permanecer en cada posto de traballo de destino definitivo un mínimo de dous anos para poder participar nos concursos de provisión a non ser por supresión do posto».

Despois de transcorrer o período de presentación de instancias, as solicitudes formuladas serán vinculantes para a persoa peticionaria e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que se obtivese outro destino por medio de convocatoria pública antes de finalizar o prazo de toma de posesión.

Segunda.-Postos de traballo.

Os postos de traballo son os que se detallan no anexo I e será necesario para poder optar a calquera deles pertencer ao grupo e ao corpo ou escala que se sinala nese anexo, así como reunir os requisitos específicos que se sinalan nel e na vixente relación de postos de traballo de persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña, coas excepcións feitas na base primeira.

Así mesmo, os funcionarios que o desexaren poderán solicitar os postos que a resultas poidan quedar vacantes durante o proceso de cobertura.

Terceira.-Valoración de méritos.

A valoración dos méritos das persoas aspirantes para a adxudicación dos postos de traballo que se solicitaren consistirá na valoración dos méritos que a continuación se indican.

Para o caso de persoal laboral mencionado na base primeira, a valoración dos puntos 1, 2, 3 e 6 farase por asimilación aos funcionarios á vista dos datos que consten nos expedientes persoais.

  1. Grao persoal consolidado.

    Polo nivel 16: 1,60 puntos.

    Por cada unidade de nivel consolidado que exceda do 16: 0,10 puntos.

  2. Valoración do traballo desenvolvido.

    A valoración do traballo desenvolvido efectuarase segundo os seguintes criterios:

    Só se computarán os traballos desenvolvidos nos últimos dez anos.

    Valorarase o traballo desenvolvido en prazas que se ocupen con carácter definitivo ou a adscrición provisional.

    No caso de ocupar unha praza en comisión de servizos, este tempo valorarase de acordo ao nivel do último posto que se ocupou con carácter definitivo ou con adscrición provisional.

    Cada ano recibirá a seguinte puntuación, rateándose por meses os períodos inferiores ao ano. Se como consecuencia de cambios de nivel resultan períodos de cómputo inferiores ao mes, que sexan continuos e que acaden conxuntamente o mes completo, asignaráselles a puntuación correspondente ao nivel do posto que se ocupou durante maior tempo. Se durante o tempo en que o funcionario desempeña un posto se modificase o nivel, o tempo de desempeño computarase co nivel máis alto en que este posto estivese clasificado.

    NiveisPuntos por ano completo

    29-300,40

    27-280,38

    25-260,36

    23-240,34

    NiveisPuntos por ano completo

    21-220,32

    19-200,30

    17-180,28

    10-160,26

    Puntuación máxima desta epígrafe: 4 puntos.

  3. Antigüidade.

    Os servizos prestados na Administración pública, en que se inclúen os servizos previos recoñecidos que se prestasen con anterioridade á condición de funcionario de carreira, valoraranse por cada ano completo (ou fracción 1/12 por mes completo), ata un máximo de 4 puntos, do seguinte xeito:

    Servizos prestados noutras administracións: 0,16 puntos por ano completo de servizo.

    Servizos prestados na Universidade da Coruña: 0,20 puntos por ano completo de servizo.

    Neste punto, consideraranse servizos prestados na UDC o tempo traballado na Universidade de Santiago de Compostela con anterioridade á entrada en vigor do Decreto 3/1990, do 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de Santiago de Compostela con todos os seus medios materiais e humanos e da súa integración nas novas universidades da Coruña e Vigo (DOG do 24 de xaneiro) así como os servizos prestados en centros adscritos, desde que foron adscritos, e que foron posteriormente transferidos á UDC.

    Ao abeiro do disposto no R.D. 255/2006, polo que se modifica o R.D. 364/1995 e R.D. 365/1995, engadirase á puntuación obtida por antigüidade, sen que en ningún caso se poida superar o límite descrito para esta epígrafe:

  4. 0,1 punto no caso de que o destino previo do cónxuxe funcionario, obtido mediante convocatoria pública, se localice no municipio en que radique o posto ou os postos de traballo solicitados, sempre que se acceda desde un municipio distinto.

  5. 0,1 punto no caso de acreditar o coidado de fillos, tanto cando foren por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, ata que o fillo cumpra doce anos, sempre que acreditar fidedignamente a persoa interesada, que o posto solicitado permite unha mellor atención do menor.

  6. 0,1 punto no caso de acreditar o coidado dun familiar, ata o segundo grao mesmo de consanguinidade ou afinidade sempre que, por razóns de idade, de accidente, de enfermidade ou de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR