Resolución do 4 de marzo de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se fai pública a convocatoria da poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Rango de LeyResolución

Por esta resolución convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e de acordo co disposto no Decreto 244/1998, do 24 de xullo, da Consellería de Medio Ambiente, e na orde da Consellería de Medio Ambiente do 8 de setembro de 1998 (DOG do 16 de setembro).

A celebración da poxa terá lugar no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia, sito na Ronda da Muralla, 70, Lugo.

Para esta poxa rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran no expediente correspondente no Servizo de Montes e Industrias Forestais de Lugo, sito na Ronda da Muralla, 70- desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG desta resolución.

As ofertas poderanse presentar, durante os vinte e seis días naturais seguintes ao da publicación no DOG da presente resolución- no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo ou en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil que non cadre en sábado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará dous sobres pechados para cada oferta. O sobre «A» coa documentación administrativa e o sobre «B», coa oferta económica.

O sobre «A», que contén a documentación administrativa, poderá ser único para todas as poxas que se celebran ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conter a seguinte documentación:

  1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

  2. Os comprobantes de estaren constituídas as fianzas provisorias, 2% do prezo de taxación, de acordo

    co disposto no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

  3. Declaración responsable de non estar incursa en prohibición de contratar, consonte os artigos 15 a 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

  4. Os que acrediten a cualificación empresarial do licitador.

  5. Os que acrediten encontrarse ao día do cumprimento das obrigacións tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes.

    No caso de o licitador estar dado de alta no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma, deberá indicar na parte exterior do sobre o seu número e incluír copia da inscrición da empresa no dito rexistro e os comprobantes das fianzas provisorias.

    O sobre «B» recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra ao dispor dos interesados no Servizo de Montes

    e Industrias Forestais da Coruña. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre «B»...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR