Resolución do 13 de decembro de 2010 pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado contratado doutor (CD1038 a CD1040).

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DE VIGO
Rango de LeyResolución

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante LOU, e no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, e a teor do establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia,

Esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolveu convocar a concurso as prazas (CD1038 a CD1040) que figuran no anexo I desta resolución, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria,

Primeira.-Normas xerais.

Este concurso rexerase pola LOU, polo Decreto 266/2002, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en adiante Lei 30/1992); os estatutos da Universidade de Vigo, polo Regulamento de profesorado da Universidade de Vigo, aprobado polo Consello de Goberno o 14 de xuño de 2005, e pola normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e do procedemento de selección de profesorado contratado doutor con vinculación permanente na Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno o 8 de outubro de 2008.

Segunda.-Requisitos das persoas candidatas.

2.1. Para poderen ser admitidas á realización destas probas selectivas as persoas que sexan aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

  1. Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados, aos cales, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras nos termos en que esta se atopa definida no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.

    Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe das persoas con nacionalidade española e daquel que sexa nacional doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

    Os nacionais de estados distintos dos apuntados anteriormente poderán tamén participar nos concursos e ser contratados sempre que se atopen legalmente en España, dispoñendo do documento que os habilite para residir e acceder sen limitacións ao mercado de traballo.

  2. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

  3. Estar en posesión da titulación de doutor ou doutora. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como docente de universidade.

  4. Acreditar a avaliación positiva pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ou pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Quen pertenza aos corpos docentes universitarios e as persoas candidatas que estean habilitadas ou acreditadas para eles resultarán admitidas nos termos e condicións establecidos na Resolución da Dirección Xeral de Universidades do 18 de febreiro de 2005 (BOE do 4 de marzo).

  5. Ter aboadas as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.

  6. Non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos. As persoas aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar non estar inhabilitadas ou en situación equivalente, nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

  7. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes á praza.

    Terceira.-Solicitudes.

    3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo II a esta convocatoria e dirixiranse ao reitor da Universidade de Vigo no prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo cadra en sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48º da Lei 30/1992.

    3.2. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral (edificio Xerencia-Servizos Centrais, Campus Universitario, 36310 Vigo), ou nos rexistros auxiliares da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Campus de Ourense e r/ Torrecedeira, nº 86, Vigo), ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 38º da Lei 30/1992. As solicitudes no estranxeiro poderanse cursar a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

    Os dereitos de exame serán de 40,54 euros e ingresaranse na conta corrente nº 2091 0501 64 3110000201, Caixa Galicia, OP-Vigo. Universidade de Vigo. Taxas. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando para iso exclusivamente o impreso de solicitude (anexo II) ou mediante transferencia bancaria en que deberán constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada, código, categoría e área da praza a que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporán a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.

    Estarán exentos do pagamento as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% e quen pertenza a familias...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR