Resolución do 2 de xullo de 2008 pola que se modifica a do 23 de maio pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal no Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) e se abre un novo prazo de presentación de solicitudes.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorCONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango de LeyResolución

Mediante Resolución do 23 de maio de 2008 do presidente do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal), publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de xuño de 2008, abriuse o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal no devandito instituto.

A citada resolución recolle na base cuarta os requisitos específicos de cada categoría, detectouse para o caso da categoría de técnico I a non inclusión de varias titulacións polo que se fai necesaria a súa modificación. Así mesmo púxose de manifesto que, cando a titulación exixida era a de formación profesional de grao medio ou superior, era necesario precisar o concepto de equivalencia coa titulación de bacharelato combinada coa experiencia profesional na mesma categoría. Por outra banda viuse a necesidade de incluír unha nova categoría de asesor/a xurídico/a. É necesario ademais, por analoxía co sistema de listas que rexe para o persoal laboral temporal da Xunta de Galicia, incluír a posibilidade de que os solicitantes escollan o ámbito territorial de traballo, aspecto que se recolle na base cuarta bis, que se engade ao texto inicial da resolución.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas no artigo 8 do Decreto 259/2006, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Instituto Galego da Calidade Alimentaria,

DISPOÑO:

Artigo 1º Obxecto.

O obxecto desta resolución é a modificación das bases reguladoras para a elaboración de listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal no Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal).

Artigo 2º Modificación da Resolución do 23 de maio de 2008 pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas por categorías profesionais para a contratación de persoal laboral temporal no Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal).

Primeira.-Modifícación do punto 1 da base cuarta:

O punto 1 da base cuarta queda redactado como segue:

Categoría de técnico I...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR