Resolución do 26 de outubro de 2007 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza de arquitecto técnico, grupo II 1, polas quendas de promoción interna de acceso libre, vacante no cadro de persoal desta universidade.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Rango de LeyResolución

O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro de universidades, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir unha praza de arquitecto técnico do grupo II 1 vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

  1. Normas xerais.

    1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo unha praza de arquitecto técnico do grupo II 1, do convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 29 de abril de 2002), pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

    1.2. Os procesos de selección de promoción interna e libre realizaranse separadamente, e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre.

    1.3. Os aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso.

    1.4. O sistema de selección do aspirante será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ao que se especifica no anexo I desta convocatoria.

    1.5. A adxudicación da praza ao aspirante que supere o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ambas as dúas fases.

    1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

    1.7. Estas probas selectivas axustaranse ao disposto na Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, ao Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, ao Decreto 95/1991, do 20 de marzo, aos estatutos da USC, aprobados polo Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, da Xunta de Galicia, ao convenio colectivo do persoal laboral da USC (DOG do 29 de abril de 2002), a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro) sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, a Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social (BOE 12 de xaneiro), modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro (BOE 23 de decembro) e as bases desta convocatoria.

  2. Requisitos dos aspirantes.

    2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato, os seguintes requisitos:

    1. Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

      Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, e o dos nacionais de algún estado ao que en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devadita idade que vivan ás súas expensas.

      Quen, non sendo español nin nacional dun Estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade, sendo titular dun documento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

    2. Ter cumpridos os 16 anos de idade e non ter acadada a idade de xubilación.

    3. Estar en posesión do título de arquitecto técnico. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá posuír a credencial que acredita a súa homologación.

    4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións propias da praza obxecto desta convocatoria.

    5. Non ter sido separado de servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio da función pública.

    6. Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no número 3.4.2 desta convocatoria para os discapacitados, para os membros de familias numerosas e para demandantes de emprego.

      2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

    7. Ter a condición de persoal laboral fixo da USC.

    8. Estar prestando servizos con carácter definitivo ou en adscrición provisional.

    9. Pertencer a unha categoría distinta que a da praza ofertada nesta convocatoria.

    10. Ter unha antigüidade efectiva de polo menos seis meses como persoal laboral fixo na categoría á que pertenzan o último día do prazo de presentación de solicitudes.

    11. Non estar sancionado coa suspensión do dereito a concorrer a probas selectivas, segundo o artigo 63 do convenio colectivo para persoal laboral da USC.

  3. Solicitudes.

    3.1. Quen desexe participar nestas probas selectivas deberá solicitarllo ao reitor da USC en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

    Os aspirantes deberán facer constar na súa solicitude a quenda pola que se inscriben, libre ou promoción interna, segundo corresponda.

    A instancia presentarase acompañada da seguinte documentación:

    -Fotocopia do DNI ou pasaporte.

    Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

    -Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o devandito vínculo.

    -Declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

    -De conformidade co disposto na base 6.5 da convocatoria, os aspirantes que estean exentos da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán xuntarán para tal efecto fotocopia compulsada dos diplomas de español, nivel intermedio ou nivel superior ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegaren esta certificación, non poderán ser declarados exentos, polo que deberán realizar a proba a que se refire a base 6.5.

    Os diplomas establecidos no artigo 2 do Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, polo que se establecían diplomas acreditativos do coñecemento de español como lingua estranxeira, na redacción dada polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, serán equivalentes, para todos os efectos, aos diplomas previstos no artigo 1.1º do Real decreto 1137/2002, nos seguintes termos:

    1. O diploma básico de español como lingua estranxeira será equivalente ao diploma de español (nivel intermedio).

    2. O diploma superior de español como lingua estranxeira será equivalente ao diploma de español (nivel superior).

    3.2. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso será achegada no momento de presentar a solicitude, non sendo valorados méritos que non se atopen suficientemente acreditados documentalmente, nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguinte maneira:

    3.2.1. Certificación acreditativa dos servizos prestados, na que consten a categoría e os períodos nos que se prestaron, expedida pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da solicitude se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas.

    3.2.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

    3.2.3. A certificación acreditativa dos extremos indicados nos anteriores números 3.2.1. e 3.2.2. (certificaranse os cursos que constan no expediente) expedirase de oficio para os aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC e engadirase á solicitude do aspirante.

    3.2.4. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes.

    3.2.5. En calquera momento a...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR