Resolución do 8 de xullo de 2010 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos polo sistema de promoción interna.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DA CORUÑA
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio, e co obxecto de atender as necesidades de persoal de administración e servizos, a reitoría, no uso das competencias que lle están atribuídas,

RESOLVE:

Convocar probas selectivas para o ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña polo sistema de promoción interna con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria.

  1. Normas xerais.

    1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir 3 prazas da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo A2, polo sistema de promoción interna.

    1.2. O proceso selectivo constará de dúas fases, concurso e oposición, coas probas e coas puntuacións que se especifican no anexo I.

    1.3. O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura no anexo II desta convocatoria.

    1.4. Estas probas selectivas axustaranse ao que dispoñen a Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, e o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, modificado pola Lei 2/2009, do 23 de xuño; o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado; o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba a lexislación de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; os estatutos da Universidade da Coruña e o disposto nesta convocatoria.

  2. Requisitos dos/as candidatos/as.

    Para seren admitidos para a realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán posuír os seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos durante todo o proceso selectivo:

    1. Ser funcionario/a de carreira de calquera corpo ou escala de bibliotecas do grupo C1, en servizo activo, e con destino definitivo ou en adscrición provisional na Universidade da Coruña e posuír unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou na escala do grupo C1 a que pertenza.

    2. Estar en posesión ou en condicións de obter o título de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou equivalente.

  3. Solicitudes.

    3.1. As solicitudes para tomar parte nestas probas selectivas axustaranse ao modelo que figura como anexo III desta convocatoria e deberán presentarse acompañadas de fotocopia do DNI ou documento acreditativo de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea, así como de copia dos títulos e diplomas acreditativos dos cursos alegados.

    3.2. As solicitudes dirixiranse ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para o efecto de cómputo de prazos o mes de agosto enténdese inhábil.

    3.3. A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (edificio da Reitoría, rúa da Mestranza, nº 9, CP 15001, A Coruña), nos rexistros auxiliares (Casa do Lagar, Campus de Elviña da Coruña e edificio de Usos Administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de novembro).

    3.4. As persoas aspirantes con minusvalideces deberán indicar, no recadro correspondente da instancia, o grao de minusvalidez que padecen e as adaptacións de tempo e os medios que para a realización das probas consideren necesarias.

    3.5. Os erros de feito que puideren advertirse, poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por pedimento da persoa interesada.

    3.6. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, e poderán unicamente demandar a súa modificación mediante un escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.2. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningún pedimento desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

  4. Admisión de aspirantes.

    4.1. Despois de rematar o prazo de presentación de solicitudes, publicarase no taboleiro de anuncios da Reitoría e da Vicerreitoría do Campus de Ferrol, así como na páxina web da Universidade da Coruña, no prazo dun mes, a resolución pola que se aproba a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con expresión das causas que motivaron a exclusión e o prazo de emenda dos posibles defectos, que será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.

    4.2. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas, mediante resolución que se publicará no taboleiro de anuncios da Reitoría, Vicerreitoría do Campus de Ferrol e na páxina web da Universidade da Coruña, e na que se indicará o lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio.

    4.3. En todo caso, co obxecto de evitar erros e, no suposto de se produciren, para posibilitar a súa emenda en tempo e forma, as persoas aspirantes comprobarán, non só que non figuran na listaxe de persoas excluídas, senón que os seus nomes constan correctamente na relación de persoas admitidas.

  5. Tribunal.

    5.1. A composición do tribunal cualificador destas probas será publicada no taboleiro de anuncios da Reitoría, Vicerreitoría do Campus de Ferrol, e na páxina web da Universidade da Coruña, cunha antelación de, polo menos, un mes respecto da data de inicio do primeiro exercicio e terá a categoría segunda das recollidas no Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razón de servizo ao persoal...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR