Resolución do 20 de novembro de 2006 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza de enxeñeiro técnico industrial, grupo II 1, vacante no cadro de persoal desta universidade.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Rango de LeyResolución

O reitor, no uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para cubrir 1 praza de enxeñeiro técnico industrial do grupo II 1 vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

  1. Normas xerais.

    1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo 1 praza de enxeñeiro técnico industrial do grupo II 1, do convenio colectivo para

    o persoal laboral da USC (DOG do 29 de abril de 2002) pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

    1.2. Os procesos de selección de promoción interna e libre realizaranse separadamente, e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre.

    1.3. Os aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso.

    1.4. O sistema de selección do aspirante será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións axustaranse ao que se especifica no anexo I desta convocatoria.

    1.5. A adxudicación da praza ao aspirante que supere o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ambas as dúas fases.

    1.6. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

    1.7. Estas probas selectivas axustaranse ao disposto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, ao Decreto 95/1991, do 20 de marzo, aos estatutos da USC, aprobados polo Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, da Xunta de Galicia, ao convenio colectivo do persoal laboral da USC (DOG do 29 de abril de 2002), a Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24 de decembro) sobre acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, a Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e libertades dos estranxeiros en España e a súa integración social (BOE do 12 de xaneiro), modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro (BOE do 23 de decembro) e as bases desta convocatoria.

  2. Requisitos dos aspirantes.

    2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato, os seguintes requisitos:

    1. Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao cal, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

      Tamén poderá participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente tratado, e o dos nacionais dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola

      Unión Europea e ratificados por España lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

      Quen, non sendo español nin nacional dun estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade, sendo titular dun documento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

    2. Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter alcanzado a idade de xubilación.

    3. Estar en posesión do título de enxeñeiro técnico industrial. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá posuír a credencial que acredita a súa homologación.

    4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións propias da praza obxecto desta convocatoria.

    5. Non ter sido separado do servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentenza firme para o exercicio da función pública.

    6. Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no punto 3.4.2. desta convocatoria para os discapacitados, para os membros de familias numerosas e para os demandantes de emprego.

      2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

    7. Ter a condición de persoal laboral fixo da USC.

    8. Estar prestando servizos con carácter definitivo ou en adscrición provisional.

    9. Pertencer a una categoría distinta que a da praza ofertada nesta convocatoria.

    10. Ter unha antigüidade efectiva de polo menos seis meses como persoal laboral fixo na categoría á cal pertenzan o último día do prazo de presentación de solicitudes.

    11. Non estar sancionado coa suspensión do dereito a concorrer a probas selectivas, segundo o artigo 63 do convenio colectivo para persoal laboral da USC.

  3. Solicitudes.

    3.1. Quen desexe participar nestas probas selectivas deberá solicitalo ao reitor da USC en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

    Os aspirantes deberán facer constar na súa solicitude a quenda pola cal se inscriben, libre ou promoción interna, segundo corresponda.

    A solicitude presentarase acompañada da seguinte documentación:

    -Fotocopia do DNI ou pasaporte.

    Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar:

    -Dúas fotocopias do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo.

    -Declaración ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

    -De conformidade co disposto na base 6.5 da convocatoria, os aspirantes que estean exentos da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán xuntarán, para tal efecto, fotocopia compulsada dos diplomas de español, nivel intermedio ou nivel superior ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegar esta certificación, non poderán ser declarados exentos, polo que deberán realizar a proba á cal se refire a base 6.5.

    Os diplomas establecidos no artigo 2 do Real decreto 826/1988, do 20 de xullo, polo que se establecían diplomas acreditativos do coñecemento de español como lingua estranxeira, na redacción dada polo Real decreto 1/1992, do 10 de xaneiro, serán equivalentes, para todos os efectos, aos diplomas previstos no artigo 1.1 do Real decreto 1137/2002, nos seguintes termos:

    1. O diploma básico de español como lingua estranxeira será equivalente ao diploma de español (nivel intermedio).

    2. O diploma superior de español como lingua estranxeira será equivalente ao diploma de español (nivel superior).

    3.2. A documentación xustificativa dos méritos que se valoran na fase de concurso será achegada no momento de presentar a solicitude, non sendo valorados méritos que non se atopen suficientemente acreditados documentalmente, nin os presentados fóra do prazo establecido para a presentación de solicitudes. A acreditación farase da seguinte maneira:

    3.2.1. Certificación acreditativa dos servizos prestados, en que conste a categoría e os períodos en que se prestaron, expedida pola unidade de persoal da Administración pública correspondente. Así mesmo, deberase indicar na epígrafe correspondente da solicitude, se os servizos foron prestados na USC ou noutras administracións públicas.

    3.2.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

    3.2.3. A certificación acreditativa dos extremos indicados nas anteriores epígrafes 3.2.1. e 3.2.2. (certificaranse os cursos que consten no expediente) expedirase de oficio para os aspirantes que presten ou prestasen servizos na USC e engadirase á solicitude do aspirante.

    3.2.4. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de solicitudes.

    3.2.5. En calquera momento a universidade poderá requirir dos aspirantes os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

    3.3. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos puntos anteriores farase no rexistro xeral da universidade, situado na Reitoría da USC, (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela), no rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros, (avda. Bernardino Pardo Ouro, Polígono de Fingoi, 27002 Lugo) ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

    As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

    3.4. Os dereitos de exame serán de 34 A, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia oposicións número: 2091-0388-90-3110000646. Para realizar o ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

    En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

    3.4.1. Serán excluídos todos aqueles aspirantes que non aboen os dereitos de exame dentro do prazo habilitado para a presentación de instancias, non concedéndose ningún prazo adicional para o aboamento destes.

    3.4.2. Estarán exentos do pagamento...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR