Resolución do 17 de marzo de 2003 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de cinco prazas de técnicos especialistas de tecnoloxías da información e comunicacións.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
Rango de LeyResolución

En cumprimento do disposto nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados por Resolución do 16 de setembro de 1993 (DOG do 22 de outubro), e co obxecto de atende-las necesidades de persoal de administración e servicios desta universidade.

Este rectorado, en uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades resolve convocar probas selectivas para cubrir cinco prazas de técnicos especialistas de tecnoloxías da información e comunicacións vacantes no seu cadro de persoal.

Bases da convocatoria.

  1. Normas xerais.

    1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo cinco prazas de técnico especialista de tecnoloxías da información e comunicacións, do grupo III, ás que se poderán acumular aquelas que se poidan xerar ata o momento no que o tribunal eleve a proposta definitiva de aspirantes que superen o proceso selectivo.

    1.1.1. Resérvanse 3 prazas ó sistema de promoción interna.

    1.1.2. Resérvase 1 praza para ser cuberta por persoas con minusvalidez, cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, de acordo coa disposición adicional décimo novena da Lei 23/1988, do 28 de xullo (BOE do 29 de xullo), de modificación da Lei 30/1984, do

    2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.

    1.1.3. As prazas non cubertas das reservadas ás cotas anteriores acumularanse á ofertada polo sistema de acceso xeral libre.

    1.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos tres sistemas citados.

    1.2. O procedemento de selección será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cualificacións que se especifican no anexo I.

    1.3. O programa que rexerá as probas da fase de oposición é o que se relaciona no anexo II.

    1.4. As prazas convocadas radican nas localidades de Ourense, Pontevedra e Vigo.

    1.5. A elección de destino efectuarase polos aspirantes consonte a puntuación total obtida, sumadas ámbalas fases. Os aspirantes que accedan pola quenda reservada a minusválidos intercalaranse, en razón da puntuación total, entre os aspirantes da quenda de acceso xeral libre. En todo caso, terán preferencia os candidatos por promoción interna.

    1.6. Estas probas selectivas axustaránse ó disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; á Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 4/1991, e pola Lei 3/1995; ó Real decreto 364/1995, do 10 de marzo; ó Decreto 95/1991, do 20 de marzo; ós estatutos da Universidade de Vigo e ó disposto nesta convocatoria.

  2. Requisitos dos aspirantes.

    2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes, con independencia da quenda de acceso, deberán posuír tódolos requisitos esixidos nesta base na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a sinatura do correspondente contrato.

    2.2. Requisitos comúns para tódalas quendas de acceso:

    1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nacional do Reino de Noruega ou da República de Islandia.

      Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou Islandia sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas.

    2. Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non ter alcanzada a idade de xubilación.

    3. Estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

    4. Ter aboadas as taxas por dereitos de exame.

    5. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

    6. Non ter sido separado ou estar suspendido do servicio de calquera administración pública nin inhabilitado para o desempeño da función pública por sentencia firme. Os aspirantes que non teñan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

      2.3. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán pertencer ó cadro de persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e a unha categoría profesional distinta á das prazas obxecto desta convocatoria.

  3. Solicitudes.

    3.1. As solicitudes para tomar parte nestas probas selectivas axustaranse ó modelo que figura como anexo IV desta convocatoria e deberán presentarse achegando fotocopia do DNI e, de se-lo caso, xustificación dos méritos alegados.

    Os aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de se-lo caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ó seu cargo.

    Os méritos alegados acreditaranse do seguinte xeito:

    3.1.1. Os servicios prestados nas universidades públicas de Galicia acreditaranse mediante certificación da xerencia ou unidade de persoal correspondente, referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

    3.1.2. A formación acreditarase mediante a presentación dos títulos e diplomas correspondentes, ou certificación do órgano competente de estar en condicións de obtelos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

    3.1.3. De conformidade co establecido na base 6.5 da convocatoria, os aspirantes quedarán exentos da realización da proba logo de acreditación do coñecemento do castelán, se coa solicitude achegan copia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude de español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. Noutro caso seralles de aplicación o previsto na devandita base.

    3.2. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Vigo no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Para os efectos divulgativos esta convocatoria remítese tamén ó Diario Oficial de Galicia.

    3.3. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade de Vigo (rúa Oporto, nº 1. 36201 Vigo) ou segundo as restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

    Os aspirantes non poderán presentar máis dunha solicitude nin solicita-la súa participación...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR