Resolución do 24 de novembro de 2003 pola que se convocan probas selectivas para ingreso na escala administrativa desta universidade polo sistema de promoción interna.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DA CORUÑA
Rango de LeyResolución

Existindo prazas de adscrición indistinta ós grupos D e C das escalas administrativa e de auxiliares administrativos de funcionarios da Universidade da Coruña, ocupadas por funcionarios do grupo D, co fin de posibilita-la promoción de persoal aínda mantendo os seus propios postos de traballo, de acordo co artigo 22 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e de conformidade co disposto nos estatutos desta universidade, aprobados polo decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17 de setembro), e modificados polo decreto da Xunta de Galicia 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto).

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar probas selectivas para ingreso na escala administrativa da Universidade da Coruña polo sistema de promoción interna, con suxeición ás seguintes bases:

Bases da convocatoria

  1. Normas xerais.

    1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir 30 prazas da escala administrativa da Universidade da Coruña pola quenda de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición.

    1.2. Esta convocatoria non xerará prazas vacantes no corpo ou escala auxiliar de que procedan os aspirantes.

    1.3. Á realización destas probas selectivas seralles de aplicación a Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado; a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada palas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril; o Decreto 93/1991, do 20 de marzo; os estatutos da Universidade da Coruña e as bases desta convocatoria.

    1.4. O proceso selectivo constará de dúas fases, concurso e oposición, coas probas e puntuacións que se especifican no anexo I.

    1.5. O programa que rexerá para a fase de oposición é o que figura no anexo II desta convocatoria.

  2. Requisitos dos candidatos.

    2.1. Para ser admitido á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir e mante-los seguintes requisitos:

    1. Ser funcionario de carreira de calquera corpo ou escala do grupo D, con destino definitivo ou en adscrición provisional na Universidade da Coruña e posuír unha antigüidade de, polo menos, dous anos no devandito corpo ou escala.

    2. Estar en posesión do título de bacharelato superior ou formación profesional de 2º grao ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes. Así mesmo, para efectos desta convocatoria, considéranse equivalentes á posesión da titulación:

    -Ter aprobadas as probas de acceso á universidade para maiores de vintecinco anos ou estar en condicións de obte-lo certificado correspondente na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

    -Ter unha antigüidade de dez anos nun corpo ou escala do grupo D ou ter unha antigüidade de cinco anos nun corpo ou escala do grupo D e ter superado ou supera-lo curso específico de formación que se convocará para tal efecto.

    2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de finaliza-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar destes durante o proceso selectivo, agás o curso específico de formación, se é o caso, que deberá acreditarse unha vez finalizado o proceso selectivo.

  3. Solicitudes.

    3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo o modelo que figura como anexo IV desta convocatoria.

    3.2. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no DOG.

    A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade na Coruña (Edificio do Rectorado, Rúa da Mestranza, s/n, CP 15001), en Ferrol (Doutor Vázquez Cabrera, s/n CP 15403), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

    3.3. A xerencia expedirá, de oficio, certificación que acreditará: a antigüidade recoñecida referida á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, o grao persoal consolidado, o nivel de complemento de destino do posto que se desempeñe con carácter...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR