Resolución do 12 de xuño de 2007 pola que se determinan os prazos e se ditan instrucións no procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2007-2008.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyResolución

O Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu título V os criterios de admisión nos ciclos formativos de graos medio e superior de formación profesional específica.

A Orde do 5 de xuño de 2007 que regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, na súa disposición derradeira primeira autoriza a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para ditar as normas precisas para o seu desenvolvemento, así como para fixar prazos diferentes aos previstos nesta orde para a admisión de solicitudes e para a formalización de matrícula.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Prazo de presentación de solicitudes de admisión e documentación.

  1. Con independencia do réxime solicitado, ordinario ou de persoas adultas, e consonte o disposto na Orde do 5 de xuño de 2007 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas, os prazos de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2007-2008 serán os seguintes:

    -O prazo ordinario será do 18 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous incluídos.

    -O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos.

  2. Para os efectos do procedemento de adxudicación e matriculación nas ensinanzas de formación profesional do citado curso académico, entenderase por período ordinario o comprendido entre o 18 de xuño e o 31 de xullo.

    O período extraordinario abranguerá desde o 3 de setembro ata o 31 de outubro.

  3. A documentación para presentar será a establecida no artigo 12º da devandita orde, para ciclos formativos polo réxime ordinario, e no artigo 13º, para módulos profesionais polo réxime para as persoas adultas.

    Segundo.-Procedemento de admisión e matrícula no período ordinario polo réxime ordinario.

  4. As secretarías dos centros, ademais de recolleren as solicitudes para a admisión a ciclos formativos de graos medio e superior, cargarán os datos de inscrición na aplicación informática Ciclosweb, facilitada pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

    A formalización dos datos na aplicación informática realizarase desde o 18 de xuño ata as 14.00 horas do día 3 de xullo.

  5. Os centros que reciban solicitudes de alumnado que acceda con titulacións obtidas fóra do territorio do Estado español deben formalizar os datos na aplicación informática, agás a puntuación outorgada polo expediente académico, que lle corresponde á Subdirección Xeral de Formación Profesional. Consonte se vaian recibindo estas solicitudes, enviarase á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, polo trámite de urxencia, copia cotexada delas e da documentación xustificativa dos requisitos académicos referidos no artigo 12 da Orde do 5 de xuño de 2007. O prazo para a súa recepción finalizará o día 3 de xullo ás 14.00 horas.

  6. Os centros que reciban solicitudes de alumnado que acredite algún tipo de discapacidade deberán enviar copia cotexada da solicitude e da documentación correspondente á Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, consonte as vaian recibindo e polo trámite de urxencia, para que as valore a comisión autonómica de escolarización. Esta comisión, en función do grao de discapacidade acreditado mediante certificado da condición de minusvalidez e o correspondente ditame técnico facultativo, emitidos polo órgano competente, valorará as limitacións para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas, co obxecto de garantir a eficacia da formación e do posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ao título.

    O prazo para a súa recepción finalizará o día 3 de xullo ás 14.00 horas.

    A comisión autonómica de escolarización emitirá ditame provisional de escolarización o día 10 de xullo, que se fará público no taboleiro de anuncios dos centros e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

    Publicado o ditame provisional de escolarización, pódese...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR