DECRETO 101/2012, do 16 de marzo, polo que se acorda a cesión en propiedade a título gratuíto aos concellos de Cesuras, Mañón, Neda e As Pontes de García Rodríguez duns inmobles, antigas casetas de legoeiros.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyDecreto

Os concellos de Cesuras, Mañón, Neda e As Pontes de García Rodríguez solicitaron a cesión a título gratuíto de antigas casetas de legoeiros situadas nese concello.

A titularidade dos bens corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 3317/1982 (BOE n.º 291, do 4 de decembro), modificado polo Real decreto 2708/1983 (BOE n.º 255, do 25 de outubro) sobre transferencias de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas.

Os bens inmobles foron desafectados do dominio público mediante Decreto 291/2003, do 4 de xuño (DOG n.º 124, do 27 de xuño), Decreto 276/2008, do 27 de novembro (DOG n.º 247, do 22 de decembro), Decreto 69/2009, do 26 de marzo (DOG n.º 68, do 8 de abril), Decreto 214/2010, do 16 de decembro (DOG n.º 249, do 29 de decembro), e Decreto 29/2011, do 10 de febreiro (DOG n.º 39, do 25 de febreiro). Pola Orde do 23 de xuño de 2009 (DOG n.º 153, do 6 de agosto), do 12 de abril de 2010 (DOG n.º 88, do 11 de maio), do 1 de febreiro de 2011 (DOG n.º 40, do 28 de febreiro), e do 4 de marzo de 2011 (DOG n.º 62, do 29 de marzo) declarouse a súa alleabilidade.

A Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, dependente da Consellería de Facenda, tramitou o expediente de cesión dos inmobles de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do Regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de marzo de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Acórdase as cesións, a título gratuíto, da propiedade dos bens inmobles que se describen a continuación:

  1. A favor do concello de Cesuras o inmoble situado no lugar de Rexidoira n.º 1, punto quilométrico 41,500 da estrada C-540 Betanzos-Agolada, no concello de Cesuras, de planta baixa de 109 m2, sobre soar de superficie total de 382 m2, que estrema: norte, José María Casal Sánchez e Manuela Sánchez Seoane; sur, estrada C-540; leste, Manuela Sánchez Seoane; e oeste, José María Casal Sánchez. Correspóndese coas referencias catastrais 15026A036002810000QY e 000400200NH67F0000GF.

    Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos ao tomo 2023, libro 135, folio 150, predio 15.380.

  2. A favor do concello de Mañón o soar situado no punto quilométrico 58,200 da estrada C-642, Ribadeo-Ferrol, lugar do Barqueiro, municipio de Mañón (A...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR