Decreto 21/2007, do 22 de febreiro, polo que se acorda a aceptación da cesión, a título gratuíto, da propiedade dun terreo situado no Barrio de San Pedro, Cesantes, no concello de Redondela, feita por Cáritas Diocesana de Tui-Vigo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

A xunta directiva de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo acordou, na súa xuntanza do 25 de outubro de 2006, a cesión en propiedade a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia, dun terreo situado no Barrio de San Pedro, Cesantes, Concello de Redondela.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e dous de febreiro de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, a título gratuíto e nos termos establecidos no acordo de cesión, feita por Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, do terreo que se describe como segue:

Parcela nº 15.229, situada no Barrio de San Pedro, Cesantes, Concello de Redondela, cunha superficie de 3.302 m, que linda, segundo os datos rexistrais: norte, José Barreiro e Concepción Lorenzo Dacosta; sur, José Ramón Soto Miguélez e Camiño da Cova; leste, estrada xeral á praia; oeste, José Ramón Soto Miguélez e sendeiro

.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Redondela, no tomo 502, libro 225, folio 151, alta 3.

Referencia catastral: 1825303NG3812N0001GX.

Artigo 2º

O destino do inmoble será a prestación de servizos sociais de carácter residencial (residencia de anciáns), incluíndo servizos no área da autonomía persoal e da atención á dependencia.

Artigo 3º

A...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR