ANUNCIO do 2 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 23 de maio de 2014, do director xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Xanceda-Mesía II (Mesía-A Coruña).

SecciónVI. Anuncios
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyAnuncio

O 23 de maio de 2014 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou a Resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Xanceda-Mesía II (Mesía-A Coruña), que se transcribe a seguir:

O acordo de concentración parcelaria da zona foi aprobado pola dirección xeral competente por razón de materia, con data do 30 de agosto de 2011, e foi publicado e notificado na forma legalmente prevista.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Mesía, con data do 28 de abril de 2014, solicitou a cesión da titularidade do predio núm. 314, dado que, polas súas características se pretende empregar para canteira de material para mantemento dos camiños públicos e necesidades dos veciños.

Visto o informe favorable da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación para o caso.

Á vista de que o destino para o cal se solicita o predio núm. 314 é perfectamente subsumible no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Xanceda (Mesía-A...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR